Sigue este mércores a pregunta de Davila a Rajoy sobre a reaccionaria reforma do aborto

A portavoz do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, interpelará este mércores, día 22 de xaneiro, ao Presidente do Goberno español, Mariano Rajoy, sobre a "reaccionaria e involucionista proposta do PP de reforma da lei do aborto".

Davila pedirá a Rajoy na sesión de control ao Goberno que se celebra nos plenos dos mércores, que retire o anteproxecto presentado por Gallardón para modificar a lexislación en materia de aborto.

A pregunta da portavoz do BNG a Rajoy pode seguirse en directo a través de www.congreso.es a partir das 12 horas, unha vez remate o debate sobre o último Consello Europeo de Bruxelas.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG