BNG reclama xustiza, reparación e unha sentenza rápida para as vítimas do accidente do Alvia

Concentración accidente Angrois
Concentración accidente Angrois
Ana Miranda reitera a demanda dunha comisión de investigación independente do sinistro “tal e como reclama Bruxelas”

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, no transcurso da marcha conmemorativa do accidente do Alvia, que este ano cumpre o seu 11 aniversario, destacou que o Bloque sigue reclamando xustiza e reparación para as vítimas. Ademais, Miranda demandou que se leve a cabo unha investigación independente, “que non se fixo, “tal e como demandaba Bruxelas” e que a propia Comisión Europea considera que é o propio Estado Membro quen debe garantir que se realice.

“Nós pelexamos todos estes anos por que houbera unha adaptación da normativa, para que non se volvera repetir un accidente destas características e por iso a Comisión Europea abriu un expediente de infracción, que foi pechado tras ser contrastado a esa normativa europea”, salientou Ana Miranda no marcha polas rúas compostelás convocada pola Plataforma de Vítimas do Alvia, na que tamén participaron o deputado Néstor Rego e a alcaldesa nacionalista, Goretti Sanmartín.

Ademais, a eurodeputada galega reclamou que a sentenza sexa rápida, porque xa son 11 anos de espera, 11 anos de pesadelo para todas estas persoas”, tendo en conta que a xuíza deixou o xuízo visto para sentenza hai xa un ano.

“Dende logo, en Galiza, en Santiago e nós no BNG non imos esquecer nunca”, destacou Miranda, quen ten desenvolvido un amplo e continuo traballo nas institucións europeas que tivo como resultado a apertura dun procedemento de infracción por parte da Comisión Europea contra o Estado español por incumprimento da normativa europea de seguridade ferroviaria. Igualmente, o Bloque ten presentado e impulsado iniciativas no resto das institucións nas que conta con representación e de acompañamento ás vítimas desde o primeiro momento reclamando verdade, xustiza e reparación.

Máis en Novas
Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG