O SERGAS confirma que utilizará os camións como centros de Saúde

Montse Prado

Montse Prado amosou a súa preocupación ante a decisión do SERGAS de utilizar dous vehículos adaptados para intervencións cirúrxicas

Montse Prado

A parlamentaria do BNG, Montse Prado formulou hoxe unha pregunta relativa á adquisición de dous vehículos adaptados para intervencións cirúrxicas e prestación sanitaria.

En resposta á deputada, o xerente do Sergas explicou que o proxecto forma parte do programa “innova saúde” cun financiamento finalista destinado a proxectos innovadores. Os vehículos, dixo, serán utilizados como solución aos problemas que se deriven das obras nun centro de saúde ou consultorio e nas salas cirúrxicas e serán utilizados para asistencia sanitaria en atención primaria, “como centros de saúde, cirurxías menores, probas de atención primaria, salas de formación e tamén cirurxía maior ambulatoria de baixo risco sempre dentro dun entorno hospitalario”.

Na súa intervención, a parlamentaria acusou ao SERGAS de “propaganda e despilfarro” pola compra dos dous vehículos valorados en dous millóns de euros mentres a Sanidade pública segue sendo sometida a permanentes recortes e amosou a súa preocupación pola resposta do xerente sobre as función dos devanditos vehículos.1

Prado preguntou polos informes que xustifican a compra dos vehículos e rexeitou o argumento dos fondos finalistas esgrimidos polo xerente do Sergas, Fernández Campa. Para a deputada, estamos ante un Goberno que en vez de deseñar, planificar e pensar nas necesidades de Galiza, dedicase a pedir fondos do Estado ou da Unión Europea aínda que despois “non saiban a que iniciativas serán destinados”. Que vostede xustifique a compra dos vehículos a unha empresa de Vitoria e a ver como resultan despois de telo anunciado como algo de gran importancia para converter Ourense nun polo de crecemento económico ao redor da Sanidade “non ten xustificación algunha”, recalcou

“Vostedes están retraendo recursos humanos da Sanidade pública para este proxecto piloto” que nin sequera saben como vai funcionar, ben como centros de saúde, salas de formación, operacións cirúrxicas ou o que se lles ocorra porque da súa resposta só podemos deducir que gastaron dous millóns de euros públicos despilfarrados co obxecto de “facerse a foto”.

 

 

 

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG