Rosana Pérez pide a demisión de Soria por "enganar e mintir no recurte ás enerxías renovábeis"

COMISION EDUCACION 006A deputadas do BNG no Congreso, Rosana Pérez, solicitou esta mañá a comparecencia urxente do Ministro de Industria, José Manuel Soria, por aprobar en xuño de 2014 a Orde de Estándares das Enerxía Renovábeis “baixo un engano e ocultando que o facía sen contar cos informes encargados”.

A deputada do BNG lembra que o Ministro de Industria encargara en decembro de 2013 dous informes ás consultoras Boston Cosulting e Roland Berger para xustificar un importante recurte nas primas ás enerxías renovábeis. Finalmente, o Ministro aprobou a Orde que practicou un recurte de 1.700 millóns nas renovábeis, aínda que o sector contabiliza unha merma de 3.000 millóns na realidade, sen que tivesen rematados os informes encargados.

“Soria: digno e cumpridor representante da defensa dos intereses das grandes compañías eléctricas”

O Informe de Roland Berger foi rematado o 31 de outubro de 2014, e o da outra consultora non se levou a cabo porque o contrato foi rescindido. É dicer, o Ministerio efectivizou os recurtes nas enerxías limpas sen informes, “mintindo, enganando e ocultando información. Actuando con total arbitrariedade e con modos propios de rexímenes non democráticos”.

A deputada do BNG considera que se “trata de feitos moi graves, que requiren dunha comparecencia urxente de Soria para que explique un modo de proceder totalmente censurábel, que probabelmente se substenta na defensa dos intereses das grandes compañías eléctricas do que o Señor Soria é un digno representante porque cumpre debidamente”.

Rosana Pérez sinala que “perante uns feitos tan vergoñentos ao Ministro de Industria só lle queda o camiño da demisión imediata”.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG