Rosana Pérez critica ao Secretario de Seguridade que "nin unha soa vez nomeou ao Frente Atlético"

Rosana Pérez, deputada no Congreso

_J0C8772A deputada do BNG no Congreso, Rosana Pérez fixo unha intervención moi crítica da exposición realizada polo Secretario de Estado de Seguridade en relación aos graves feitos acontecidos o pasado domingo 30 de novembro que lle custaron a vida ao seareiro do Deportivo, Francisco Javier Romero.

Nada máis empezar Rosana Pérez deixou claro que “o BNG condena calquer tipo de violencia, veña de onde veña” e afirmou que “os culpábeis teñen que pagar polo crime realizado”. Amosou a súa solidariedade e condolencias coa familia da vítima que “non o esquezan, foi asasinado, houbo un asasinato. Houbo unha vítima e uns verdugos que aínda están sen aparecer cando chama a atención a axilidade coa que a policía nacional actúa contra manifestantes pacíficos que rapidamente identifican através de videos, pero neste caso logo dunha semana aínda non coñecemos aos autores”.

“Un pouco máis de obxectividade Señor Martínez”

Rosana Pérez deixou clara a súa condición obxectiva sobre a cuestión porque “nin son socia, nin abonada ao Deportivo, nin siquera son aficionada ao fútbol polo tanto podo falar sen paixón”. Criticou a intervención do Secretario de Estado de Seguridade por “obviar totalmente, por non mencionar nin unha soa vez ao Frente Atlético na súa intervención, e aludir só ao Deportivo e aos seareiros do Deportivo”. Non aclarou “se houbo quedada ou non, que probas hai. Señor Martínez, un pouco de obxectividade sería de agradecer por parte dun máximo responsábel público”.

Acusou ao Secretario de Estado de “non ter explicado nin aclarado nada sobre “a investigación dos feitos e “estamos pior que antes incluso”. “O domingo 30 ás 7 da mañá persoas do Frente Atlético quedaron para almorzar nas inmediacións do Vicente Calderón” recriminando que desde esas horas xa estivesen practicando violencia con total impunidade pola ribeira do Manzanares. “Xa nese momento tiñan que ter actuado con prevención”.

Rosana Pérez demandou máis aclaracións sobre cuestións como a relativa á notificación dos clubes. “Dixo que os clubes non notificaron nada á policía e ao Ministerio de Interior. Preguntámonos Señor Martínez se a policía e Interior só actúa a raiz do que lle informan os clubes? Existen neste aspeito informacións contraditorias entre a delegada do Goberno en Madrid e o delegado do Goberno na Galiza, que non coinciden.

“Por qué non suspenderon o partido despois de se producir un asasinato? Por qué ao partido acudiron igualmente ultras do Frente Atlético? ”, interpelou ao alto cargo de Interior.

E criticou que “xente armada até os dentes andivese con tranquilidad por Madrid e que a policía tardase 45 minutos en actuar”. Recriminou que en moitas competicións futbolísticas a policía sexa tan presta “en perseguer bandeiras galegas coa estrela e outras simboloxía mentras son permisivos coa simboloxía fascista?”

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG