A portavoz do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, dirixiuse este mediodiá ao Presidente do Goberno español no Pleno para demandarlle a retirada da proposta de reforma da lei do aborto.
Un anteproxecto que se pode traducir en hipocresía, perversidade e doble moral. Porque non esquezamos que a proposta que fan é tan involucionista que nos retrotrae a tempos nos que o aborto con garantías sanitarias só o podían facer as mulleres con posibilidades económicas, e as outras se tiñan que asomar ao abismo de prácticas erróneas que moitas veces as levaban á morte. Se non o evita o futuro vai ser exactamente igual ao deses tempos.
Pisotean os dereitos das mulleres
Davila díxolle a Rajoy non entender que se poida chegar a un involucionismo tan grande en relación aos dereitos das mulleres. Criticou os argumentos do PP para xustificar a presentación deste anteproxecto alegando que o levaban no seu programa. Señor Rajoy, vostedes tamén levaban no seu programa a creación de 3 millones de empregos e xeraron un millón de parados.
Asemade, desmontou outro dos argumentos do PP de ampararse na lei do 85 do Tribunal Constitucional cando fan unha interpretación torticeira da mesma. Esa sentenza recoñece dereitos ás mulleres mentras que ao nasciturus o recoñece como un ben xurídico a protexer. Vostedes decidiron pór en primeiro termo ao ben xurídico a protexer e pisotear os dereitos das mulleres. Incluso por negar dereitos das mulleres, néganlles o dereito a ser seres con responsabilidade.
Engadindo que temos que escoitar que Gallardón diga que as mulleres non van ser responsábeis penais. Señor Gallardón, as mulleres do único do que somos vítimas é de ideoloxías intransixentes e fundamentalistas e queremos ser responsábeis dos nosos actos. Non queremos que nos liberen de ser persoas, queremos ser persoas con todos os dereitos.
REPOSTA DE RAJOY: O presidente admite que ten puntos controvertidos
O Presidente do Goberno limitouse a sinalar a Davila que o anteproxecto iniciou o seu proceso de tramitación e está sometido ás consulta de diversos órgaos.
Dixo á deputada do BNG que é susceptíbel de debate e engadiu que estou disposto a falar con vostede e con todos os que teñan opinión sobre este asunto e chegar a entendementos.
Admitiu a Davila que o anteproxecto de lei ten puntos que son controvertidos, sen dúbida, reiterando que se someterá a debate dacordo coa doutrina do Constitucional.
Na réplica, Rajoy aseverou que a reforma do aborto é un compromiso electoral asumido nas urnas.