O portavoz parlamentario do BNG, Francisco Jorquera afirmou que a lei puña o noso mar a servizo das grandes multinacionais de acuicultura e cualificou de triunfo do sector e da presión política e social a retirada do anteproxecto da lei
Pleno.- O portavoz parlamentario do BNG, Francisco Jorquera amosou a súa satisfacción pola retirada do Anteproxecto da lei de Acuicultura produto dixo, da presión política e social contra unha lei agresiva para o sector do mar.
A presión política e social fai recuar á Xunta
A presión política e social, recalcou o nacionalista, pode facer recuar aos gobernos como xa ten manifestado o Bloque Nacionalista galego en reiteradas ocasións e a Lei de Acuicultura non era unha lei reformable, partía dun plantexamento agresivo para o noso sector e da acuicultura real de Galiza que é a do mexillón. O Anteproxecto, abondou Jorquera, puña o noso mar ao servizo das grandes multinacionais da acuicultura e por tanto , só cabía a súa retirada. Nese sentido, congratulámonos, dixo, do" triunfo do sector".
A presión social e política provocou que o Goberno da Xunta, se vise obrigado a retirar o anteproxecto, concluíu o portavoz parlamenario.