A deputada do BNG, Ana Pontón colocou na tribuna un cartaz como protesta pola prorroga de 60 anos a ENCE concedida onte polo Goberno central en funcións. O cartel foi retirado por un uxier á petición do presidente da Cámara, Miguel Santalices o que provocou que a nacionalista solicitara o artigo do regulamento que prohibe, de maneira explícita, a exhibición de carteis na tribuna
A porroga por sesenta anos concedida polo Goberno central do Partido popular en funcións, provocou que a intervención da deputada do BNG, Ana Pontón, tras a comparecencia da conselleira de Medio Ambiente, fora retrasada varios minutos ante a negativa da nacionalista a retirar un cartel na tribuna de oradores contra a prorroga. Tras un tenso debate entre a nacionalista e o presidente da Cámara, Miguel Santalices cominou a un uxier a retirar o cartel.
O Parlamento veta a liberdade de expresión da deputada Ana Pontón
A parlamentaria principio a súa intervención lamentando que unha vez máis, o Parlamento vete un cartel que representa a dignidade dun pobo fronte unha fraude democrática e volveu solicitar do presidente o artigo do regulamento que impide a liberdade de expresión reflectida no cartel contra a prorroga de sesenta anos a ENCE.
Xa no debate, a deputada remarcou que a comparecencia da conselleira Beatriz Mato coincide coa revisión da vergoñenta sentenza do Prestige que agás no tocante as indemnizacións, mantén a impunidade dos responsábeis políticos da catástrofe. Non deixa de ser un sarcasmo, dixo, que un ex membro do Goberno Fraga hoxe sexa conselleira de Medio Ambiente e resulta un despropósito que ocupe o seu cargo despois de formar parte dun goberno que provocou unha das maiores catástrofes medioambientais no noso país.
Pontón considerou que a creación da consellería de Medio Ambiente non responde a un cambio nas políticas medioambientais e o Partido popular mantén un modelo económico incompatible cun modelo sustentable e o mellor exemplo témolo no atraco que supón a prorroga por sesenta anos a ENCE.
Prorroga fraudulenta e ilegal
Unha prorroga fraudulenta, antidemocrática e contraria ao interese xeral do poboe que hipoteca durante sesenta anos a ría de Pontevedra condicionando o seu futuro. Vostede, Feijóo e Rueda teñen unha responsabilidade directa avalando un informe para que ENCE puidera continuar a pesar mesmo de ir en contra do programa electoral do propio Núñez Feijóo no ano 2009. Ademais, tamén vai en contra do Plan de Ordenación do Territorio e do litoral.
A nacionalista preguntou a Mato se o Goberno galego recorrerá esta decisión e anunciou que o BNG estará do lado d@s que faciliten que a ría de Pontevedra teña futuro e que non quede hipotecada por unha empresa que está contaminando e creando un grave problema ao conxunto da ría e do país porque consolidada un modelo forestal que lastra as posibilidades do noso futuro.
Vínculo entre o PP e ENCE que posibilita as portas xiratorias
A nacionalista tamén criticou as portas xiratorias que provocan que o goberno lexisle en función dunha empresa para que no Consello de Administración de ENCE estivera Isabel Tocino,ministra con Aznar, José Carlos del Álamo, conselleiro de Medio Ambiente da Xunta e Pascual Fernández Martínez, Secretario de Estado con Aznar. É moi evidente o vínculo entre o PP e ENCE reiterou.
A parlamentaria concluíu pedindo unha explicación á conselleira sobre que vai facer ante a operación xudicial en curso contra membros do seu departamento, e concretamente cunha directora imputada por corrupción.