A presidenta do Parlamento expulsa da Cámara a Carme Adán

O grupo parlamentario abandona o Pleno en sinal de protesta pola expulsión da deputada, Carme Adán

A nacionalista amparándose no Regulamento pediu intervir dez minutos dende o estrado ao que Presidenta se negou condénolle só tres minutos dende o escano. Adán reclamou “respectar o Regulamento” polo que foi chamada á orde e expulsada abandonando tamén a totalidade do grupo parlamentario  como mostra de protesta

A presidenta expulsa a Carme Adán

Pleno.- No transcurso dunha interpelación sobre o sector industrial en Ferrol, a deputada do BNG, Carme Adán pediu a palabra para posicionarse como permite o Regulamento do Parlamento no seu artigo 150.2. que concede 10 minutos de intervencións para fixar a posición sobre a interpelación.

Pola súa parte, a Presidenta da Mesa, Pilar Rojo concedeu só tres minutos á parlamentaria do BNG quen fixo uso do texto do Regulamento para esixir o seu cumprimento, a presidenta tampouco permitiu que Adán intervira dende a tribuna obrigándoa a facelo dende o escano. A parlamentaria reiterou que a imposición de Rojo incorría “nunha vulneración dos dereitos parlamentarios “polo que solicitou o amparo da Mesa ao que Roio replicou con varias chamadas a orde e unha ameaza de expulsión.

A deputada viuse por tanto obrigada a abandonar o hemiciclo por orde da Presidenta, expulsión que o resto do grupo parlamentario secundou como mostra de protesta polo acontecido

O grupo parlamentario abandona o Pleno en sinal de protesta pola expulsión da deputada, Carme Adán

Xa no corredor do Parlamento, o portavoz do G.p do BNG, Francisco Jorquera manifestou ante os medios de comunicación que hoxe producíase unha nova mostra da “intolerancia” do Partido popular e anunciou que o BNG estuda presentar medidas legais contra este novo “atropelo”.

 

 

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG