Preferentistas poderán falar mañá no Parlamento Europeo grazas ás xestións do BNG

PREFERENTES

As xestións e iniciativas parlamentares da representante do BNG no Parlamento Europeo, Ana Miranda, lograron que o Parlamento Europeo volte a abordar mañá xoves, día 16 de abril, a estafa masiva das participacións preferentes e subordinadas, que afectou a miles de galegos e galegas.

Será na Comisión de Peticións onde se vaia tratar, e grazas á iniciativa do BNG, unha denuncia da Coordenadora Galega de Preferentes e Subordinadas. É preciso lembrar que no ano 2012, unha delegación de afectados e afectadas de varias zonas de Galiza, entregaron a denuncia na Eurocámara a raiz dunha visita organizada pola entón eurodeputada do BNG, Ana Miranda.

O BNG sempre estivo ao lado da inxustiza das preferentes

Precisamente no ano 2013, compareceu no Parlamento europeo un dos representantes da Coordenadora, Xesús Domínguez. Aquel debate tivo os seus froitos xa que se logrou que o Parlamento europeo enviase unha carta ao Goberno español. A presión exercida sobre a Comisión Europea deu lugar a que a petición continuase a súa tramitación.

Aínda que nesta andaina houbo elecións europeas no camiño, e a pesar de que o PP intentou eliminar da orde de temas da Comisión de Peticións as 25 denuncias dos preferentistas, así como outras causas, nomeadamante os desafiuzamentos, non puido xa que as xestións da representante do BNG, Ana Miranda, contando co apoio do Grupo dos Verdes-Alianza Libre Europea, conseguiron manter esta denuncia na Comisión de Peticións.

Grazas a estas iniciativas do BNG, os preferentistas galegos terán voz através de Xulio Vicente e Xesús

Domínguez mañá xoves 16 de abril e poderán intervir na Comisión de Peticións en Bruxelas. Para o BNG é un acto de xustiza porque os afectados teñen dereito a recuperar o 100% dos seus aforros estafados, e tamén teñen dereito a denunciar as sancións das que foron obxecto inxustamente cando protestaban pola súa situación. Unhas sancións que están gañando nos tribunais como mostra un dos casos recentes moi coñecidos na prensa, o da Señora Domitila de avanzada idade.

Ana Miranda considera que o engano das participacións preferentes e subordinadas “non pode pecharse en falso por moito que o intenten banqueiros e Gobernantes como o PP. Hai aínda moitos claroscuros por resolver e aínda padecen a inxustiza de ter sido vítimas de mulas por parte do Goberno de Rajoy por teren reclamado os seus dereitos na rúa. Loitan por recuperar o 100% dos seus aforros e así debe ser”.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG