O PP vota en contra das axudas que pide o BNG para o sector pesqueiro

Rosana Pérez
Rosana Pérez
Rosana Pérez reclamou medidas económicas temporais polos amarres, rebaixar os hidrocarburos até que a  inflación se estabilice, reducir ao 4% os produtos do mar e bonificar as taxas portuarias 

A portavoz de Pesca do BNG, Rosana Pérez criticou a “inacción do goberno galego” ante as graves dificultades do sector pesqueiro polas consecuencias da suba de prezos e a inflación e propuxo unha batería de iniciativas encamiñadas a manter o emprego e a actividade.

A deputada do BNG  cualificou de “insuficientes as medidas” do goberno do Estado e criticou á Xunta por non ter reaccionado e “seguir sen reaccionar” ante unha situación que pon na picota a un sector que contribúe de maneira esencial ao PIB e o emprego de miles de persoas de maneira directa e indirecta.

Na súa intervención, a nacionalista  insistiu nas dificultades económicas do sector e considerou que as medidas do goberno galego limítanse a solicitar do goberno español “medidas”, este, dixo, en   resumen a “inacción do goberno galego”. Si o goberno do Estado durante un ano “mirou para outro lado”, a Xunta de Galiza empezou “a actuar o 13 de marzo”. O PP foi “tan rápido”, ironizou,  que ignorou completamente a problemática do sector pesqueiro galego e foi incapaz de axilizar as axudas concedidas. Hai que agardar por unha crise para que Consellaría do Mar, “axilice as axudas”?

A deputada lamentou que o partido maioritario vetara o conxunto de medidas entres as que destacou: demandar ao goberno español a “rebaixa dos produtos do mar ao tipo superreducido do 4% de forma permanente como recomenda a OMS, reducir a imposición sobre hidrocarburos até que se estabilice a inflación non entorno do 2%, aprobar axudas temporais  polo incremento dos custes de produción para asegurar a viabilidade do sector, paralizar as reformas europeas  e estatais dirixidas a eliminar as bonificacións do combustible pesqueiro, axudas polos amarres da flota e bonificar as taxas portuarias por servizos administrativos, profesionais e por utilización privativa, mentres se manteña a excepcionalidade da actual situación.

Ningunha das medidas defendidas pola deputada nacionalista foi aceptada polo Partido popular, a pesar da grave situación do sector pesqueiro que ao longo dos anos foi regulado con catro corpos de control e inspección. Para a deputada, este sector, “é vítima dunha hiperregulación, na maior parte das veces inxustificada”.

Rosa Pérez asegurou que a Unión Europea e o goberno central, amosan un “exceso de celo” que prexudicada gravemente a nosa flota.  Dende hai un ano, o sector pesqueiro xa deu a voz de “alarma” do que estaba acontecendo e non só pola guerra de Rusia contra Ucraína, aínda que esta situación bélica incrementou os problemas de inflación e os custes dos materiais e explotacións. Sen embargo, ningunha administración puxo en marcha medidas específicas para paliar as consecuencias da crise sobre o sector pesqueiro, e hoxe, unha vez máis comprobamos como “o Partido popular sigue instalado na mesma posición e vota en contra do que vimos de propoñer dende o BNG.

A deputada insistiu na urxencia de implementar medidas  e criticou a falta do respecto polo sector ao  que o propio Ministro español se negou a recibir. En Galiza, dixo, as “formas foron máis coidadas pero o fondo foi moi semellante” e aínda no último pleno dende o BNG interpelamos a conselleira do Mar ante a parálise da xestión  das axudas xa concedidas, si están concedidas, recalcou  a nacionalista “deben pagalas xa”.

Máis en Novas
Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG