O deputado do BNG, Luís Bará reclamou hoxe un posicionamento de todas as forzas parlamentarias galegas contra o acordo da Asemblea de Madrid sobre a ilegalización de partidos como o BNG.
Na súa intervención Bará lembrou que o Partido popular goberna coa “ultradereita” aprobando medidas en contra dos dereitos das mulleres e a democracia pero tamén en Galiza están introducindo os “cabalos de Troia, fascistas, de ultradereita e machista cando pola porta de atrás falan do veto parental ou o inexistente síndrome de alienación parental”.
O deputado do BNG pediu ao PP que se posicionara sobre a proposición non de lei nacionalista e cominou ao grupo maioritario e facer público co seu voto de que lado están. l
Tras a intervención do popular Alberto López Couñago, o deputado do BNG reiterou que o único antídoto contra a ultradereita en Galiza “é o BNG” como se demostrou nas eleccións do mes de novembro impedindo que entrara pola provincia da Coruña unha forza “machista, fascista e antigalega”. A ultradereita non está presente nos lugares nos que está o nacionalismo, afirmou, e “VOX non ten representación en Euskadi, Cataluña, Navarra e Galiza”.
Bará reiterou que a “democracia é máis grande que España” pero ao Partido popular parece que lle costa entendelo e preguntou de que lado están, en contra ou “ do lado da democracia e do autogoberno de Galiza tamén cuestionados por esas forzas coas que pacta o Partido popular”.
O nacionalista amosou a súa preocupación pola participación do Presidente da Xunta na manifestación de Colón e polas súa afirmacións , en sede parlamentaria, relativas a que “non tería ningún problema en pactar con VOX no caso de necesitalo” polo que e volveu a preguntar ás bancadas do Partido popular si van a votar a favor da democracia, do autogoberno e de Galiza ou polas forzas ultras que defenden ideas “racistas, fascistas, machistas e antigalegas”.
Tras agradecer o apoio dos grupos parlamentarios da oposición, o deputado do BNG, Luís Bará lamentou o voto en contra do PP á proposta nacionalista e asegurou que con este proceder, o Partido popular galego “queda retratado” e en evidencia a súa concepción da democracia.