O PP non anulará a Declaración de Impacto Ambiental "positiva" da Mina de Corcoesto

Parroquia de Corcoesto

Jorquera lamentou o voto desfavorable do PP á unha iniciativa nacionalista destinada a paralizar un proxecto  mineiro lesivo para Galiza

O portavoz do Grupo parlamentario do BNG pediu, a través dunha Proposición non de lei,   anular a declaración de impacto ambiental “positiva” para a Mina de Corcoesto, avaliar o risco para a saúde humana e medio ambiente das concentración de arsénico na zona e denegar novas autorización de investigación e explotación mineira así como movementos de terra na zona de Corocoesto

Grande resposta social contra a mina de Corcoesto

Na súa intervención, o deputado pediu ao Goberno galego que non “desprece” a contestación social suscitada en Bergantiños e en toda Galiza contra o proxecto da Mina de ouro a ceo aberto, “non fagan vostedes ouvidos xordos”, dixo, a maior mobilización rexistrada en Carballo ao longo da súa historia, .

O parlamentario engadiu que este mesmo mes coñeciamos “un terceiro informe científico” que demostra a existencia dunha alta concentración de arsénico no chan e nas augas da parroquia de Corcoesto que afecta gravemente ao curso baixo e esteiro do río Anllóns, “hai zonas nas que esta concentración supera en 12 veces os niveis máximos permitidos”, asegurou.

O deputado aseverou que estes niveis responden a unha mina de ouro en desuso dende o ano 1930.

Alfonso Daniel R.Castelao: Estamos fartos de ser unha colonia

Coa cita do ilustre político e escritor galego, o parlamentario do BNG denunciou que o Partido popular, comportase como un “colonialista ben colonizado” e colaborador no desmantelamento da base produtiva galega, a mina a ceo aberto en Corcoesto é outra mostra de que “queren vender Galiza a parcelas”, manifestou.

Jorquera relatou que para extraer 34 toneladas de ouro, o equivalente a carga dun camión, serán voadas con explosivos 392 hectáreas e utilizarán 4.300 toneladas de cianuro que xerará 8.400 toneladas de arsénico e 17 millóns de toneladas de refugallos contaminantes.

Aznar membro da megamineira de ouro Barrick Wold

O parlamentario aludiu ao expresidente José María Aznar do que dixo é noticia porque “ameaza con volver” ao comprobar que as aspiracións de Núñez Feijóo frustráronse tras a súa relación co narcotraficante Marcial Dorado, pero tamén é noticia, por fichar coa maior extractora de ouro do Mundo tamén canadiana.

O Telegráfo, xornal ecuatoriano preguntaba cómo un mediocre avogado tributario chegou a “ilustre eminencia académica nos EEUU, asesor de varias multinacionais e “Gurú neoliberal en América Latina”.

O propio Jorquera respondeu que algo terá que ver o seu “alineamento cos poderes fácticos do planeta” como acontece cos membros da Xunta que prefiren defender eses poderes fronte os intereses de Galiza, concluíu.

 

 

 

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG