Pontón: "Pechar o caso Alvia impide coñecer a verdade do sinistro de Angrois"

Accidente ferroviario de Angrois

A deputada, Ana Pontón lamenta a decisión do Xulgado de desestimar todos os recursos poñendo fin a instrución do caso Alvia e traslada o seu apoio e o do BNG a todas as vítimas e familiares

Accidente ferroviario de Angrois

A deputada do BNG, Ana Pontón cualifica de “ decepciónante e indígnante o peche do caso Alvia” e lamenta a decisión do Xulgado de Instrución número 3 de Santiago de Compostela que ven de desestimar todos os recursos contra o auto e poñendo fin a instrución co caso do accidente ferroviario de Angrois.

Para a viceportavoz do BNG, “esta decisión pon en tela de xuízo o funcionamento da xustiza que semella non atender ás razóns da vítimas”. Nese sentido, traslada todo o seu apoio ás vítimas e aos seus familiares e comprométese a seguir traballando ao seu lado para conseguir que se coñeza a verdade e se depuren todas as responsabilidades que aconteceron no terríbel sinistro de Angrois.

A nacionalista reiterara que o BNG comprométese a seguir demandando unha comisión de investigación que depure as responsabilidades directas e indirectas, así como a adopción das medidas necesarias para evitar que outro sinistro destas características poda repetirse.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG