Pontón: "O discurso de Sánchez soa preelectoral, sen solucións para GZ e meros cambios cosméticos"

Ana Potón, portavoz nacional do BNG

O BNG considera que o debate de Pedro Sánchez como candidato do PSOE á Presidencia do Estado foi en realidade un debate preelectoral que non inclúe cambios de calado na política de dereitas aplicada polo actual executivo en funcións do PP, e sen recoñecemento algún do dereito dos pobos a camiñar cara maiores cotas de soberanía.

“O discurso de Pedro Sánchez soou a preelectoral con cambios cosméticos no social baseado nun pacto previo coa dereita de Ciudadanos, un discurso que non aporta solucións aos problemas urxentes dos galegos e das galegas e que tampouco aporta resposta algunha ás demandas de maior autogoberno, -máis aló dun federalismo retórico-, que permita ter ferramentas eficaces para afrontar os problemas do noso país”, valorou a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón.

“Resulta lamentable constatar, unha vez máis, que para as forzas estatais, mesmo as que se cualifican de progresistas, Galiza é un cero á esquerda”, salientou Pontón.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG