O Parlamento galego pide a Interior formalizar o asilo político de Hassana Aalia

O activista saharauí agradeceu o apoio de sindicatos, organizacións políticas e asociacións e amosou a súa confianza na revisión da petición de asilo político

Comparecencia dos grupos parlamentarios ante os medios de comunicación

Todos los grupos parlamentarios, BNG, AGE, PPdeG, PSdeG, AGE e Mixto reclamarán ao Ministerio del Interior revisar a petición de asilo político do activista saharauí Hassana Aalia, condenado por un tribunal militar marroquí a cadea perpetua pola súa participación nas reivindicacións no campamento de Gdeim Izik no ano 2010.

Todos os grupos parlamentarios reuníronse hoxe co representante do Fronte Polisario en Galicia e con Hassana Aalia, que nos últimos días viaxa por todo estado ao fin de dar a coñecer a súa situación política e “rachar co bloqueo informativo” sobre as actuacións de Marrocos contra o Sahara.

Hassana Aalia foi condenado dúas veces por activismo e con 26 anos foi "torturado" en varias ocasións. Dende hai cinco anos vive en Euskadi cunha bolsa de estudos pero o tribunal marroquino decretou unha orde de busca e captura contra el. Nós, afirmou, “loitamos pacificamente para conseguir os nosos dereitos sociais e políticos, a nosa autodeterminación como pobo”.

Íntervención de Hassana

Hassana Aalia denunciou que , "baixo a ocupación" marroquí, os saharauís sofren " tortura, maltrato, asasinato, desaparicións, prisión e roubo dos recursos naturais" e lamentou que o Goberno de España, por intereses económicos, apoie a ocupación ilegal de Marrocos sobre o Sahara.

DECLARACIÓN INSTITUCIONAL

Todos os grupos parlamentarios acordaron una declaración institucional que inclúe una “parte una parte resolutiva” instando ao Goberno español a "revisar” e conceder asilo político a Hassana Aalia.

Hassan Aaila amosou a súa confianza en que o Goberno atenda a petición de asilo e non descarta recorrer a denegación ante o Tribunal de Dereitos Humanos, confío, dixo, que a xustiza española teña en conta as probas aportadas que demostran, mesmo con fotografías, o maltrato recibido.

Na comparecencia ante os medios de comunicación, Hassana Aalia estivo acompañado de Montse Prado,(BNG) de Carmen Pardo (PPdeG), Carmen Gallego (PSdeG) e Xabier Ron (AGE)

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG