Parlamento Galego

Noa Presas: “A venda anticipada das caixas e como un puzzle ao que lle faltan pezas”

Noa Presas Tribuna
Noa Presas Tribuna
  • A nacionalista sumou ao rescate das caixas e  posterior venda, o proceso aberto da devolución das  cláusulas chan

A parlamentaria do BNG, Noa Presas pediu hoxe, a través dunha proposición non de lei, “transparencia” co fin de coñecer con exactitude  o “alcance real de   diñeiro público” empregado  no rescate das caixas galegas.

 Na súa intervención, a nacionalista asegurou que  votar en contra da iniciativa do BNG sería votar en contra da transparencia e do dereito á información. Sería votar contra o   o dereito a sabermos para que se emprega o diñeiro público e sobre todo, “canto custou realmente regalar o sistema financeiro galego”.

Para a deputada, o rescate e venda de Novagalicia Banco é un “puzzle incompleto” ao que agora hai que sumar, dixo   a recente sentenza da Unión Europea do mes de decembro de 2016 sobre a retroactividade da cláusulas chan e das  que máis da metade, “ afectan á actual ABANCA”.

Desde as contas públicas  non só foron destinados  8.981 millóns de euros para sanear Novagalicia Banco  que logo foi  vendida por  só 1.003 millóns. Lembremos que o propio FROB recoñeceu que a venda supuña perdas para o Estado por máis de 8.000 millóns e non só iso, é  que o propio  FROB xa infravalorou o custo da venda, porque tamén  “infravalorou o custo das coberturas públicas das que se beneficiou o comprador”. Agora, cos nosos recursos, “o FROB vai ter que asumir o 85% das contías que serán devoltas, polas cláusulas chan  porque iso é o que aparece no documento de condicións de venda de Novagalicia, e hai estimacións que sitúan a contía entre os 500 e 700 millóns de euros.

Desde o BNG agardamos que a Comisión que se abriu onte e  que toca lateralmente o que vimos hoxe a demandar, poida axudar para continuar deitando luz sobre este asunto e que o PP non continúe na súa teima de “arrefrialo” como recoñeceu o señor Puy. A deputada concluíu pedindo ironicamente  que “arrefriar” se incorpore ao dicionario como sinónimo de “ocultar

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG