A deputada do BNG, Montse Prado interperlou á conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato á que lle entregou unha botella con auga recollida no encoro do río Umia para demostrar o grao de contaminación pola acumulación de algas tóxicas.
Na intervención, Prado criticou que Mato xustificara a presenza de algas afirmando que existen outros lugares nos que tamén se produce unha grande proliferación desta especie. A nacionalista explicou que a bacteria no encoro pode crear graves problemas e mesmo o abastecemento de auga potable para a poboación polo que preguntou á titular de Medio Ambiente “que mecanismos foron arbitrados para previr as consecuencias da alga tóxica microcristais aeroginosa, unha cianobacteria que produce a microcistina, “unha toxina difícil de detectar, de eliminar e con efectos acumulativos”.
A parlamentaria asegurou que en toda a mancomumidade do Salnés non existe “ningunha medida de filtro o protección”, a pesar das promesas da administración e mesmo do Plan de xestión integral do Umia e que segundo vostedes, explicou, contemplaba sistemas de filtro de carbono para a depuradora da mancomunidade e no que foron investidos 20 millóns de euros públicos. Agora ao preguntar pola previsións para resolver este problema, vostedes responden que xa tomarán medidas cando os problemas se produzan. A parlamentaria amosou dende a tribuna un documento remitido pola consellería de Sanidade ao concello de Caldas coa recomendación de non realizar actividades acuáticas ou baños pola presenza de cianobacterias tóxicas. Como pode comprobar, manifestou Prado, “a alarma non a crea o BNG, a alarma é real”.
Para a deputada é necesario “desmontar o encoro do Umia” como única solución para recuperar a saúde do río e contra a acumulación de cianobacterias como recomendan un gran número de expertos. O encoro, creou un problema de saúde e tamén medioambiental e o río Umia está “ferido de morte”.
Prado denunciou que o problema persiste porque o Partido popular non quere mudar unha situación que beneficia a empresa “Cortizo”, cuxo empresario leva sen pagar dende hai tres anos o canon ao que está obrigado pola concesión mentres tanto e mentres tanto os veciños e veciñas non poden utilizar o río. A Xunta e o Partido popular, recalcou a nacionalista “crearon este problema e deben solucionalo porque está afectando a 150 mil veciños e veciñas”.
“Non queremos un río con augas verdes e contaminado como a auga desta botella” concluíu.