Mobilizacións semana do 6 ao 12 de marzo

A continuación indicamos as mobilizacións apoiadas polo BNG previstas para esta semana.

8 de marzo, Día Internacional das Mulleres

Vigo (comarcal)

  • Do 6 ao 12 de marzo: accións de rúa.
  • 8 de marzo, 20.00 horas: Manifestación con saída da Praza de Portugal.

Ferrol (comarcal)

  • 8 de marzo, 19.00 horas. Concentración na Praza do Inferniño.

Ourense (comarcal)

  • 8 de marzo, 12.00 horas. Paro simbólico na Praza Maior.
  • 8 de marzo, 20.00 horas. Mani-festa-acción dende a Castañeira até os Xardíns Padre Feijóo.

Compostela (comarcal)

  • 8 de marzo, 19.00 horas. Manifestación con saída da Praza 8 de marzo.

 

9 de marzo, folga xeral no ensino da Galiza

Contra a LOMCE, os recortes, e por unha lei galega de educación. O BNG apoia as mobilizacións convocadas polo nacionalismo: Erguer – Estudantes da Galiza e Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, que terán lugar, todas elas, ás 11.30 horas.

  • A Coruña, 11.30 horas: Praza de Vigo.
  • Compostela, 11.30 horas: Alameda.
  • Ferrol, 11.30 horas: Edificio da Xunta.
  • Lugo, 11.30 horas: Praza do Seminario.
  • Ourense, 11.30 horas: Subdelegación do Goberno.
  • Pontevedra, 11.30 horas: Praza da Peregrina.
  • Ribeira, 11.30 horas: Diante do IES nº 1.
  • Vigo, 11.30 horas: Praza América.

 

10 de marzo, Día da Clase Obreira Galega

Mobilizacións convocadas pola CIG.

  • Ferrol:
    - 12.00 horas: Ofrenda Floral no monumento ao 10 de marzo.
    - 20.00 horas: Manifestación con saída do local da CIG (Avenida de Esteiro).
  • Cee (céntrase aquí a participación da comarca da Coruña), 19.30 horas: Manifestación con saída da fábrica, coincidindo coa xornada de folga convocada nos centros de traballo de Ferroatlántica na Costa da Morte e actividades auxiliares.
  • Compostela, 20.00 horas: Manifestación con saída da Praza Roxa.
  • Lugo, 20.00 horas: Manifestación con saída do local da CIG (Ronda da Muralla).
  • Ourense, 19.30 horas: Manifestación con saída da Subdelegación do goberno, até a Praza Maior.
  • Pontevedra, 20.00 horas: Concentración na Praza da Peregrina.
  • Vilagarcía de Arousa, 20.00 horas: Concentración na Praza da Galiza.
  • Vigo, 20.00 horas: Manifestación con saída do cruce da Dobrada.

 

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG