parlamento galego

Mini Rivas acusa a Medio Rural e a TRAGSATEC das “precarias condicións laborais” dos veterinarios e veterinarias nas Campañas de Saneamento

Mini Rivas
Mini Rivas
O deputado denunciou a  falta de medios humanos e pediu á Xunta que remate co abuso a este colectivo que xa rexistrou accidentes laborais mortais

O portavoz de Agricultura e Gandaría do BNG, Xosé Luís Rivas formulou hoxe unha pregunta parlamentaria ao goberno sobre a “precariedade” das condicións laborais dos veterinarios e veterinarias e o risco de accidentes laborais pola dureza da actividade que realizan e falta de medios.

Na súa intervención, o deputado destacou a “dureza“ das condicións laborais dos veterinarios e veterinarias así como o papel da empresa pública Tragaset  que cualificou de “segunda patronal”.  Os traballadores e traballadoras eventuais, dixo, desenvolven un “duro traballo” por mor dos animais obxecto de saneamento, condicións as veces, intolerables para o mundo no que vivimos. O accidente mortal do veterinario, Jesús Deiros o 28 de maio alcanzado na cabeza pola corna dunha vaca evidencia o risco dalgunhas probas e manipulacións que o persoal veterinario debe realizar. Estas  probas, explicou, deben ser supervisadas por dúas persoas, “unha para inmobilizar ao animal e outro para a súa manipulación”. De estar acompañado por outra persoa, probablemente o desenlace do veterinario falecido sería outro, prognosticou o nacionalista.

Os traballos de campo relacionados coa realización de probas diagnósticas no marco das Campañas de Saneamento Gandeiro implican necesariamente uns altos niveis de riscos laborais ao realizar o 100% dun censo de animais extraordinariamente heteroxéneo no seu manexo e instalacións, máis incluso se estamos a falar, moitas veces, de animais bravos cun manexo e suxeición deficientes ou case inexistentes. Ademais, as normas das Campañas de Saneamento gandeiro de especies bovina, ovina e cabrúa tamén é un concepto pouco definido e subxectivo. A orde contempla que “o gando que paste en liberdade estará reunido e inmobilizado en mangas, currais ou explotacións no momento de se realizaren as probas” pero non todos os lugares teñen o carácter de explotación e en  ocasións son animais de grande tamaño e cunha grande forza, reiterou Rivas.

O deputado apelou a “unha base legal clara” ante as características especificas da actividade laboral dos e das veterinarias e reclamou acompañala “dunha correcta política de prevención de riscos  de  accidentes”.

Nesta liña, considerou  que a Consellería de Medio Rural e a empresa Tragsatec   “son responsables directos dos accidentes laborais” e acusou a ambas entidades de non exercer as súas responsabilidades para impedir os riscos laborais.

Non é raro ver nas Campañas de Saneamento  só veterinario cos animais sen inmobilizar convenientemente, sen manga, e cun tempo taxado de tres minutos por res. Asemade, estes profesionais traballan baixo “ameazas” da empresa de quedar fóra  da próxima campaña si cuestionan as condicións laborais.

O parlamentario do BNG preguntou ao Goberno galego se era  coñecedor das   condicións de traballo referidas  e si ten previsto tomar algunha medida para que a empresa Tragsatec incremente o número de veterinarios e veterinarias e mellore as condicións de suxeición das reses, por medio de mangas ou calquera outro sistema,  co fin de  facilitar e  garantir  o traballo dos profesionais.
Máis en Novas
Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG