Parlamento Galego

Luís Bará pide á Xunta que actúe para mellorar a seguridade da PO-546 entre Pontevedra e Marín

Luís Bará en comisión parlamentaria
Luís Bará en comisión parlamentaria
  • “Non se pode permitir que o tráfico rodado prime sobre a vida das persoas”, salienta durante o debate no Parlamento

O deputado por Pontevedra, Luís Bará, levou ao Parlamento a situación de inseguridade para viandantes e ciclistas da estrada PO 546, de titularidade autonómica, entre Pontevedra e Marín, principalmente naquelas zonas densamente habitadas como na Rúas Rosalía de Castro e nos barrios de Mollavao, Ponte Muíños e Os Praceres.

Bará subliñou “as numerosas deficiencias en materia de accesibilidade, mobilidade e de seguranza viaria, xa que a maior parte do trazado carece de beirarrúas e de beiravías o que as fai extremadamente perigosas para viandantes e ciclistas”, explicou na Comisión parlamentaria de Ordenación Territorial.

“Non podemos permitir que prime o tráfico rodado sobre a vida das persoas, hai tramos onde é absolutamente perigoso transitar porque, á carencia de medidas de seguridade, súmase e existencia de moito tráfico de camións para ENCE”, afondou o deputado.

Neste sentido, Bará demandou colaboración da Xunta co Concello de Pontevedra, que non pode limitarse a unha mera “transferencia” daquelas partes da estrada máis netamente urbanas, é confía en que as negociacións entre as dúas administracións “cheguen a bo porto” cun “acordo racional” en función das competencias de cada parte.

Desde o BNG se propón limitacións de velocidade a 30 quilómetros, beirarrúas e beiravías que cumpran as condicións en canto a dimensións que realmente supoñan unha garantía para a accesibilidade, “non valen de calquera maneira”, subliñou. O deputado pontevedrés salientou igualmente que, ademais das condicións de necesaria seguridade para as persoas, “hai que ter en conta tamén as condicións ambientais na que vive a veciñanza, porque moitas veces non ponde nin pasar polo grado de hostilidade do tráfico ao longo desta vía”.

O deputado incidiu especialmente o treito da PO 546 no treito de Rosalía de  Castro, Manuel Palacio e Mollavao que, pese a ser plenamente urbana, “presenta aspecto dunha estrada ou travesía, con beirarrúas antigas e estreitas, sen medidas de calmado de tráfico pese a estar no entorno un colexio, un centro de saúde e un centro de día”. “É necesario unha actuación urxente porque nesta zona son frecuentes os atropelos”, demandou.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG