O deputado do BNG por Pontevedra, Luís Bará levou hoxe a comisión de Ordenación do Territorio, a proposta de establecer a compostaxe domiciliaria, comunitaria e en planta como sistema universal de tratamento dos biorresiduos urbanos no horizonte do ano 2018. Por outro lado, tamén avogou por iniciar un diálogo coa Deputación de Pontevedra para estudar o desenvolvemento do plan Revitaliza e amplialo ao resto do territorio galego.
Pola súa parte, o portavoz popular, Jacobo Moreira acusou ao BNG de propoñer que a Xunta “invada competencias municipais” en materia da recollida de residuos e a respecto de abrir un dialogo coa Deputación sobre o plan “Reactiva”, debe ser esta entidade, afirmou , quen informe a Xunta dos seus proxectos. O nacionalista censurou que o Partido popular sega na senda de beneficiar a “empresas privadas” e anclado nun modelo de residuos “fracasado, centralizado e defendendo os intereses particulares e privados” e impedindo “tratamentos alternativos”.
O parlamentario insistiu en que resulta imprescindible promover a enerxías limpas e renovábeis e un novo modelo de xestión e tratamento dos residuos de orixe industrial e residuos sólidos urbanos primando a “redución, a reutilización e a reciclaxe” ademais de potenciar o tratamentos de proximidade e compostaxe dos biorresiduos.
Bará lamentou que o portavoz do PP pechara a porta a iniciar un diálogo entre a Xunta e a Deputación de Pontevedra sobre o programa “pioneiro” Revitaliza de tratamento de residuos urbanos biodegradables no que xa participan “30 concellos da provincia de Pontevedra”. O deputado avogou por ampliar o sistema “Revitaliza” ao resto do territorio galego.
Na nosa iniciativa, dixo, propoñemos unha estratexia transversal para “mellorar a calidade de vida e promover o emprego”. A nosa proposta, recalcou, tamén está relacionada con novos modelos urbanos, o ciclo da auga, a protección da biodiversidade, outros usos e xestión do monte, etc.. fronte un modelo “deficiente” que incumpre o marco de residuos da propia Xunta de Galiza que implantou un plan no que resulta resulta imposible a reciclaxe do 50%.
O PP segue apostando por vertedoiros e incineración
Vostedes apostan polos “vertedoiros e a incineración” con grandes custes ambientais e económicos. No ano 2016, a Xunta escolleu unha práctica que vai en contra do propio plan a través dun macrocontrato con SOGAMA con “500 millóns de euros para transportar e queimar o lixo”. O plan, contempla a compostaxe comunitaria pero vostedes, “o que poñen no papel logo non o cumpren”.
Non podemos defender unha estratexia contra o cambio climático e logo seguir utilizando un sistema “fracasado e con macrocontratos para ampliar a planta de Cerceda e ampliar os residuos nun millón de toneladas”. O BNG propón poder chegar a poder reciclar o 50% dos residuos no ano 2020 pero o Partido popular mantén unha postura de “sabotaxe” ao modelo que propón a Deputación de Pontevedra, concluíu.
A iniciativa do BNG contou co apoio das forzas da oposición pero rexeitada polo grupo maioritario do Partido popular.