Lobeira entrégalle uns euros a Feijóo para denunciar que se faga negocio co salvamento

"Se queren vostedes cartos, aí os teñen", afirmou Bieito Lobeira ao tempo que entregaba ao presidente da Xunta uns céntimos de euro. Deste xeito, escenificaba a súa repulsa ao cobro polo servizo de salvamento marítimo imposto pola Xunta e que pediu se rectificara a través dunha proposición non de lei, que foi rexeitada cos votos en contra do PP.

Asemade, a iniciativa nacionalista tamén solicitaba anular os procesos de venda dos helicópteros de salvamento marítimo “Pesca I e Pesca II e mantelos baixo titularidade pública.

Tras un bronco debate entre o deputado do BNG e o portavoz de pesca do PP Xosé Manuel Balseiro, o nacionalista acusou ao Goberno de “facer negocio co salvamento de vidas humanas no mar” sobre un litoral e un sector pesqueiro que pacede a taxa máis alta de sinistrabilidade mortal de todo o Estado español.

Céntimos de euro para o PP

Lobeira criticou as afirmacións do portavoz do Partido popular que xustificou o seu voto en contra a iniciativa nacionalista argumentando que a Xunta xa non vai seguir pagando a atención “a cruceristas infartados nin millonarios de iates de luxo”, intervención que Lobeira cualificou de “vergoña” por tentar disfrazar o verdadeiro problema.

O deputado considerou que a decisión da Xunta provocará que moitos mariñeiros non chamen ao servizo de salvamento por mor do pago (10.500 euros) do servizo salvamento, circunstancia que, na súa opinión, creará “unha grande indefensión aos traballadores do mar ante un posible resgate”.

A privatización do servizo responde ao afán recadador do Partido Popular, que vai deixar nunha grande indefensión aos traballadores do mar

Lobeira reiterou que a privatización deste servizo responde ao afán “recadador” do partido popular, “se queren vostedes cartos aí os teñen, dixo” entregando no escano do portavoz do PP varios céntimos de euro.

28 mariñeiros galegos mortos

O nacionalista denunciou que foron “ 28 vidas de mariñeiros” e 3.500 accidentes rexistrados en Galiza nos últimos tres anos, “non eran cruceiristas de luxo, reiterou, eran mariñeiros galegos” aos que vostedes agora queren cobrar.

O parlamentario do BNG denunciou que o PP “exprima ao pobo galego” para entregarlle os cartos a Bankia, mentres co sector pesqueiro pretenden aforrar a costa das vidas humanas.

Lobeira concluíu lamentando que , unha vez máis, o Partido popular poña en “risco” a vida dos traballadores dun sector considerado estratéxico en Galiza.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG