A Lei do BNG para prohibir a munición con chumbo na caza acada a unanimidade da Cámara

A Proposición de lei defendida pola deputada do BNG, Ana Pontón continuará co trámite parlamentario co apoio unánime da Cámara galega

Ana Pontón defende a toma en consideración da lei contra a munición con chumbo na caza

 Pleno.- A parlamentaria do BNG, Ana Pontón defendeu unha Proposición de Lei destinada a reformar a lei caza de Galiza co fin de prohibir, en todo o territorio galego o uso da munición que conteña chumbo .

A Proposición de lei nacionalista contou coa unanimidade da Cámara para a súa toma en consideración polo que continuará co trámite parlamentario ata a súa aprobación definitiva.

Ana Pontón agradeceu o apoio á proposta de Lei do BNG e cualificou de “parte positiva” a toma en consideración da modificación legal porque pretende “avanzar na mellora do medio ambiente”.

A deputada agradeceu tamén de “maneira especial” o papel da Asociación Animalista Libera na elaboración e impulso da proposta de lei que hoxe inicia o trámite parlamentario e persegue a “erradicación” desta munición por contaminante e perigosa para o medio ambiente e que representa “un grave problema para a conservación medioambiental”.

Ana Pontón

Hoxe, dixo, “damos un pequeno paso” cara unha xestión cinexética cunhas prácticas sexan máis respectuosas e ecolóxicas. Esperamos, dixo, que ao final do proceso de tramitación da lei, a valoración sexa positiva.

Tribuna sen convidad@s do BNG

A parlamentaria aludiu a ausencia de convidados e convidadas do BNG na tribuna do público para presenciar o debate da lei, circunstancia que achacou a “decisións arbitrarias e represión” que impediron que o Grupo parlamentar do BNG puidera formalizar os convites. Lamentamos, dixo, que a posición do Grupo Popular maioritario e o da propia presidencia nos alonxen como institución do pobo en troques de ser unha institución “democrática e transparente” onde calquera persoa poda asistir aos plenos sen atrancos e “censuras” que buscan o descrédito da política

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG