Jorquera tilta de "estafa" a que Feijóo consideraba a súa gran obra, o Hospital de Vigo

Para o deputado do BNG, “nunca ninguén en tampouco tempo, fixo tanto dano á Sanidade Pública Galega”

Jorquera formula a pregunta a Feijóo

Pleno.-  Francisco Jorquera iniciou a súa pregunta ao Presidente Feijóo aludindo o minuto de silencio no comezo do pleno polas vítimas da violencia machista pero non abonda, dixo, con minutos de silencio, “hai que actuar” porque vítimas da violencia machista hai moitas e non só as mulleres que son asasinadas. Despois de 24 horas inquiriu, “seguimos agardando que esixa a dimisión de Baltar”.

Sanidade medra un 4,4% por debaixo da media pero o custe da colaboración pública- privada no hospital de Vigo medra nun 200%

Jorquera afirmou que un hospital que ía custar 450 millóns de euros, “vai custarnos 1.350” xustificando o recurso “colaboración pública-privada” para poder costear a construción do hospital por un problema de financiamento. Or outro lado, as condicións da concesión establecían que o financiamento era a risco e ventura da concesionaria pero tivo que ser o sector público o que debeu buscar os recursos financeiros. E dicir, o que ía ser un hospital público financiado con fondos privados acabou sendo “un hospital privado financiado con avales públicos e con recortes”.

Feijóo prepara a resposta ao BNG

Nunca ninguén fixo en tan pouco tempo, tanto dano a nosa Sanidade Pública como Feijóo

O nacionalista remarcou que o PP recortou servizos de referencia como o laboratorio central,camas, quirófanos, espazos para urxencia, espazos para a docencia, desapareceu o proxecto do Hospital materno infantil, pechan centros de especialidades e por si isto fose pouco, “os usuarios deben soportar a precariedade e abusos dos servizos da concesionaria” como o aparcamento, alimentación, prezos desorbitados na cafetería, ausencia de lavabos, pingueiras en corredores, roturas dunha condución de augas fecais na área de urxencias, falta de material e a paralización do servizo de Anatomía patolóxica por problemas de ventilación. Mesmo foi cancelada unha operacións por non contar co material esterilizado necesario como aconteceu cun motor serra utilizado para perforar un cráneo tendo que utilizar outro incompleto que en lugar de cortar, fresa o oso, deixando ao doente cun defecto óseo innecesario.Foto

Jorquera amosou unha foto dende o escano para denunciar as penosas condicións do hospital

Ve esta foto, sr. Feijóo, dixo amosando a fotografía, estas son as condicións que padecen os profesionais e usuarios. O parlamentario relatou o testemuño dun doente citado no hospital para unha intervención cirúrxica pero na sala de espera comunicáronlle que non era posible porque o centro carecía de láser polo que lle foi entregado un informe de alta indicándolle que sería reprogramado para a intervención no hospital do Meixoeiro. “O paciente pagou ese día 12 euros de párking”.

O deputado tamén relatou a entrada en urxencias dun ancián que debeu permanecer sentado nunha cadeira máis de 20 horas “tapado coa súa propia chaqueta porque non había mantas”. Todos os días, afirmou o nacionalista, “chégannos queixas como estas”.

Horas e horas de espera para pedir citas

Máis dun mes agardando para un TAC a pesar de ter unha cita preferente. Como este caso, hai moitos máis e coñecémolos porque falamos cos profesionais e os usuari@s, remarcou o deputado, “baixe por unha vez ao mundo real, porque a realidade é esta Sr.Feijóo”, concluíu Jorquera.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG