Jorquera a Feijóo: "Estamos falando de salvar vidas, non de licencias de obras"

O portavoz do BNG no Parlamento, Francisco Jorquera pediu a Núñez Feijóo sensibilidade cos enferm@s de Hepatite C e que acelere os protocolos para dispensar os fármacos e tratamentos reclamados polos afectad@s

O portavoz do Grupo parlamentario do BNG, Francisco Jorquera formulou hoxe a pregunta ao presidente en nome, dixo “dun colectivo que vive angustiado por padecer unha enfermidade mortal”. Estamos falando dun tratamento que pode salvar vidas, recalcou Jorquera, non de solicitudes para licencias de obras como declarou recentemente un afectado de Hepatite C.

O tempo “corre na súa contra” e empeoran día a día, “algunhas vímolas morrer impotentes despois de meses de espera por un tratamento que non chegou” e outras levan ata un ano e dous transplantes cunha “agónica agarda”.

Nestes termos, dirixiuse Jorquera a Núñez Feijóo, facendo súa unha carta do colectivo de afectad@s de Hepatite C enviada a todo@s os deputad@ss do Partido popular.

O PP xoga c@s doentes

Jorquera tamén lembrou que na última sesión plenaria foron expulsados os representantes da Plataforma de afectados de Hepatite C e o Partido popular votou en contra de dispensar o tratamento en farmacias hospitalarias, baixo prescrición médica. As recomendacións dos expertos, afirmou, inclúen as reivindicacións que vostedes, para “vergoña de todos” rexeitaron nesta Cámara.

Tras o debate, Jorquera e Montse Prado na concentración de afectados por Hepatite C

Polo momento, explicou existe un borrador que o Goberno central debe asumir e as CC.AA deben aprobar no Consello Territorial para poñer en marcha os protocolos de aplicación, “non permaneza impasible ante o sufrimento de tantas persoas” e poña os medios para que de inmediato os enfermos accedan ao tratamento, demandou Jorquera a Feijóo.

Feijóo debe atacar o virus, non aos doentes

Tras a resposta do Presidente da Xunta na que non formulou ningún compromiso cos afectados, o nacionalista volveu pedir que poña os medios necesarios para salvar vidas e non faga que a súa credibilidade sexa cuestionada como con PEMEX que negociou a venda de Barreras e agora PEMEX deixa sen carga de traballo o estaleiro.

Porqué se os expertos están a recomendar que se dispensen os novos fármacos a doentes en fase dúas e tres, non se fai? sendo prescritos só para os casos de maior gravidade?. Estableceron un límite de gasto para salvar vidas, “125 millóns de euros para todo o Estado cando en Galiza hai máis de 40.000 afectad@s”. Sr.Feijóo, “non xogue máis cos doentes”. Agora a presión social e unhas eleccións ás portas fai que celebren como gran anunciou o que negaron hai quince días, denunciou o parlamentario.

Protesta do BNG e AGE pola acumulación das preguntas

No inicio do debate da pregunta ao presidente, o deputado amosou a súa queixa pola decisión da Presidenta, Pilar Rojo, de acumular as preguntas do BNG e AGE e cualificou esta medida de evidencia da intención do PP por “ aplicar con efecto retroactivo os recortes aos parlamentarios” na Cámara galega.

Pola súa parte, Rojo afirmou que é unha potestade da Presidencia da Cámara e “non vou pedir permiso, vou facer uso desa potestade para os debates”.

 

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG