Iniciativa do BNG no Congreso para exixir a Tejerina un aumento das cotas de pescada para a volanta

olaia24f5100As deputadas do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila e Rosana Pérez, presentaron unha iniciativa parlamentar na Cámara Baixa para demandarlle a Tejerina que se aumenten as “irrisorias cotas de pescada” otorgadas ao sector pesqueiro galego da volanta.

As parlamentares do BNG trasladan á Ministra de Agricultura o malestar do sector da volanta que na súa desesperación tivo incluso que acampar diante das dependencias da Xunta como acto de protesta polo reparto dos raquíticos cupos de captura da pescada por barco.

Davila e Rosana Pérez critica as cotas de 35.000 kg por barco, “cotas que lles impiden a supervivencia dos mariñeiros da frota de volanta, que denuncian que os cupos son tan irrisorios que non lles permiten nin siquera cubren os gastos da Seguridade Social de embarcacións nas que de media soe haber 9 tripulantes”.

Poñen de manifesto que “cando fan contas chegan á preocupante conclusión de que non lles compensa saír ao mar”. Razón polas que dirixen unha batería de preguntas á Ministra: “Sabe o Ministerio de Agricultura que armadores e mariñeiros da volanta con base con localidades costeiras de Galiza como Cedeira, Laxe ou Corme? É consciente o Ministerio de que o sector non pode sobrevivir coas raquíticas cotas asignadas posto que o custe de saír ao mar é superior ao beneficio?”.

Cotas para poder vivir

As deputadas do BNG salientan a importanza deste frota en lugares como Cedeira, Laxe ou Corme, onde moitas familias viven desta actividade. Rosana Pérez e Olaia Fernández Davila apelan á Ministra para que se conciencia de que “os mariñeiros de volanta demandan algo tan esencial como é o dereito a poder vivir da súa actividade pesqueira”. É preciso, recalcan, un novo modelo pesqueiro que “lles permita traballar con dignidade”.

Instan á Ministra a modificar o modelo porque “ao contrario do que sucede con outras artes, as posibilidades de pesca da volanta son moduladas con porcentaxes nos que se inclúen aspeitos socio-económicos, en base a estes criterios. 50% reparto lineal entre buques, 25% reparto en función do número de tripulantes e 25% en función das capturas históricas”. “Por que tanta resistencia gubernamental a realizar un modelo de xestión pensado para a frota e contando con ela?”.

As deputadas do BNG critican o desleixo e a indiferenza do Goberno central en relación ao sector pesqueiro galego. “Son moitas as iniciativas parlamentares que levamos feitas polos duros recurtes na pesca que está a danar gravemente ao noso sector. A estas alturas da lexislatura poderíamos concluir que o Goberno non está deixando títere con cabeza na pesca de Galiza, cada vez máis mermada”.

Asemade, piden ao Goberno que deixe de perseguer á frota para multala o sancionala cando está a viver unha “crítica situación”. “A marxe na que se moven é tan restritiva e as normas son tan asfixiantes que acaban sumidos no temor perpetuo pola presión das forzas e corpos de seguridade do estado que os perseguen como se fosen criminais cando son traballadores do mar na procura dun futuro”.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG