Os grupos parlamentarios BNG, AGE e Mixto, contra o pacto cociñado polas forzas do bipartidismo

BNG, AGE e Grupo Mixto, contra o "cambalache" PP-PSOE

O portavoz parlamentario do BNG, Francisco Jorquera, cualificou de “cambalache” o pacto PP-PSOE “cociñado” de costas á Cámara para modificar o regulamento do Parlamento, para a renovación dos órganos estatutarios e a renovación do consello da CRTVG. “Mostra un xeito de entender a política que degrada a democracia e que cada vez censura con máis forza a sociedade”, alegou.

BNG, AGE e Grupo Mixto, contra o "cambalache" PP-PSOE

Nunha comparecencia conxunta dos grupos parlamentarios BNG, AGE e Mixto, Jorquera denunciou que a reforma pretende limitar a capacidade dos representantes da cidadanía para exercer o seu labor de control do goberno: “Non estamos pelexando por ter unha iniciativa máis ou menos, senón por defender os dereitos da cidadanía e que os seus problemas sexan debatidos con normalidade no Parlamento”.

BNG, AGE e Grupo Mixto, contra o "cambalache" PP-PSOE

O gran beneficiado da “reforma exprés” do regulamento será o PP, ao igual que sucede coa renovación dos órganos estatutarios e do consello da compañía de radiotelevisión de Galiza, que supón entregar o control do ente público ao partido de Feijóo. “A discrepancia do Bloque non é por unha cuestión de cotas, é por falta de transparencia”, subliñou o portavoz parlamentario.

Neste sentido, o BNG cualifica de “disparate” a posición do partido que lidera Gómez Besteiro e fai un chamamento ao PSOE “para que se plante e deixe de facer o traballo sucio ao PP”, tendo en conta, ademais, “o malestar” que existe tanto no grupo como no partido socialista, denunciou Jorquera.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG