O goberno galego ten que explicar na Cámara a brutal redución do novo hospital de Vigo

O portavoz municipal do BNG, Santi Domínguez, e a deputada no Parlamento galego, Carme Adán, demandaron a comparecencia do goberno galego para que dea conta da “brutal redución” que se está acomentendo no novo hospital de Vigo, cifrada en 70.000 metros cadrados. Os nacionalistas anunciaron a presentación de sendas iniciativas no Concello de Vigo e no Parlamento galego reclamando, respectivamente, o pronunciamento da Corporación, e explicacións ao executivo.

“Non só nos atopamos diante da privatización do novo hospital, senón tamén diante da redución bestial da asistencia”, denunciou Santi Domínguez, quen sinalou que as contas eran “moi simples e moi sinxelas” de facer. Así, indicou que tomando como referencia que o prezo de mercado de cada metro cadrado construído ascende a 1.000 euros, “estamos falando de que a Xunta vaille aforrar a unhas empresas privadas 70 millóns de euros”.

Escándolo sanitario e financieiro

O portavoz municipal nacionalista criticou que ese aforro ás concesionarias será a costa da asistencia, o número de camas, quirófanos e a atención de urxencias do novo hospital de Vigo. “Non podemos estar calados diante deste atropello á sanidade pública”, defendeu, ao tempo que asegurou que estamos diante dun escándalo sanitario, senón tamén financeiro”. Santi Domínguez asegurou que o grupo municipal nacionalista esixirá que a Corporación municipal se pronuncie diante deste escándalo. Avanzou tamén que o BNG demandará que se remita o novo proxecto construtivo a todos os grupos con representación municipal.

Estamos falando de que a Xunta vaille aforrar a unhas empresas privadas 70 millóns de euros

A deputada no Parlamento galego, pola súa banda, subliñou que o sanitario, e en concreto a construción do novo hospital de Vigo, é un tema que para o BNG é moi importante. Neste sentido defendeu que a redución do proxecto executivo “nos leva a esixir que o goberno galego dea explicacións claras sobre o proxecto construtivo”.

Algúns recortes

Carme Adán debullou algún dos recortes contemplados no proxecto contrutivo. Deste xeito, indicou que a respecto do tamaño inicial, os bloques de quirófanos e ambulatorios terán unha redución total de 70.000 metros cadrados. O bloque de urxencias terá unha redución do 50%, que nas consultas para adultos será do 35% e nas pediátricas do 18%; mentres que no espazo referido á exploración para adultos será do 57% e o correspondente a pediatría do 17%.

A respecto dos quirófanos, a deputada do BNG detallou que serán 8 menos os contemplados no proxecto inicial, o cal supón unha redución do 24%. Tamén falou o recorte que se fai nas salas de observación e de consultas, cifrado no 18% a respecto do proxecto inicial, e do 7% nas cabinas de exploración.

A nacionalista asemade fixo referencia ao número de camas e indicou que o anterior proxecto incluía 224 camas individuais, “mentres que agora atopamos que as camas individuais son 56, o mínimo obrigatorio, o cal supón unha redución do 75”, criticou.

Considerou que no proxecto de execución hai outro dato alarmante a respecto do hospital de día, xa que se reduce o número de camas un 94%. Neste sentido, concretou que no proxecto básico incluíanse 102 camas, mentres que no actual se contemplan 6 camas e 64 sillóns. Tamén puxo de manifesto o recorte no servizo de diálise, que reduce un 41% o número de camas.

Apuntou, por outro lado, a incertidume a respecto do laboratorio, que o proxecto inicial o ubicado nnovo hospital, mentres que na actualidade Sanidade baralla que continúe no Meixoeiro. Precisamente sobre este hospital do Meixoeiro a deputada do BNG lembrou que xa non será centro oncolóxico, como estaba previsto inicialmente, mentres que a torre do Xeral tampouco será un centro de alta resolución.

Diante destes “datos chamativos”, Carme Adán defendeu a comparecencia da conselleira de Sanidade e o goberno galego. “Teñen que explicar a diferenza entre entre o proxecto básico e o de execución”, reclamou. Demandou ademais que a Xunta explique se as achegas á empresa concesionaria tamén vai ser menor.

 

 

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG