Parlamento Galego

O Goberno galego do PP pasa do acoso laboral e machista a Neli Pisco

15995250_1186825261367101_8909355603540041172_o
  • Montse Prado pide explicacións ao Goberno polo acoso laboral contra unha traballadora da empresa de transporte de viaxeiros “HEDEGASA” dende o ano 2009
  • A  nacionalista preguntou que actuacións políticas vai iniciar a Consellería de Traballo ante unha empresa que conta cunha concesión pública e que está inmersa nun gran número de  denuncias e condenas por vulnerar os dereitos dos traballadores e traballadoras  

A deputada do BNG, Montse Prado interpelou hoxe ao Goberno sobre a discriminación e acoso laboral contra unha traballadora inflixido pola empresa de transporte de viaxeiros HEDEGASA dende o ano 2009.

A parlamentaria asegurou que a traballadora está nunha situación de discriminación “por razón de xénero” polo que preguntou se o Goberno coñece esta situación  e o extenso historial de condenas por acoso laboral e danos morais ocasionados pola empresa HEGASA.

Trala resposta do conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde que anunciou para o vindeiro 9 de febreiro  o acto de conciliación, a deputada recalcou que  HEGASA vulnera sistematicamente a lexislación laboral e con sentencias xudiciais que confirman o acoso contra esta traballadora polo que volveu preguntar que vai facer a consellería, “vai  renovar novamente a concesión ou vai utilizar os medios políticos  para resolver unha situación laboral indecente”, preguntou.

Nélida Pisco, explicou  a deputada, “sempre defendeu o seu dereito a ser nai e manter o seu posto de traballo” e lembrou que dende o ano 2009, a traballadora como condutora de autobús da empresa HEDEGASA , concesionaria de transporte regular de viaxeiros, ven sufrindo unha situación de acoso laboral despois dun embarazo de alto risco e  nacemento da súa filla cunha enfermidade conxénita que precisa lactancia natural polo que a traballadora solicitou da empresa as súas vacacións anuais,  licenza por maternidade e redución de xornada para poder atendela  ao que a empresa, “vulnerando a legalidade vixente” negou a solicitude e respondeu  que o que debe facer “é ir para casa  a coidar a filla e xa se verá se será contratada novamente”.

Nélida non aceptou a decisión da empresa en entrou “nun auténtico calvario de despidos, e sentenzas que obrigan a empresa a reincorporala pero que fan en condicións e rutas que lle impiden manter contacto cos seus compañeiros, non  lle   entregan as nóminas nin o uniforme preceptivo. Montse Prado cualificou a situación de Nélida Pisco de “psicoterrorismo” por parte da empresa HEDEGASA e   recriminou que o conselleiro de Industria non anunciara ningunha medida contra a actuación “aberrante”  de HEDEGASA contra esta traballadora.

A parlamentaria concluíu a súa intervención  preguntando se a Xunta vai deixar soa a Nélida Pisco na súa loita pola igualdade e dereitos das mulleres e  pagando a peaxe individualmente por reclamar o que lle corresponde. 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG