Davila solicita a comparecencia de Báñez polos pésimos dados de pero e afiliación social

Olaia Fernández Davila no Congreso

INDO Á TRIBUNA 1A portavoz do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, solicitou hoxe a comparecencia urxente da Ministra de Emprego e Seguridade Social, Fátima Báñez, para que acuda á Cámara a dar explicacións polos pésimos dados de paro do mes de xaneiro e da preocupante caída de afiliados á Seguridade Social.

A deputada do BNG alude aos dado de desemprego coñecidos onte que arroxan cifras inquedantes: no conxunto do estado, o paro aumentou en 77.980 persoas e rexistrou en xaneiro unha brutal caída de cotizantes á Seguridade Social: perdéronse case 200.000 afiliados. No que atinxe a Galiza, os piores dados: perdemos 13.153 afiliados e 7.084 novos desempregados.

Dada realidade social e a terríbel panorama do mercado de traballo, “hai que preguntarse se este é o xeito que ten o Goberno de Rajoy de cumprir coa súa promesa de crear nun ano 1 millón de empregos. Se esta é a tendencia, debemos dicer que van mal, e que os seus discursos de recuperación económica non os cre ninguén. A estratexia do PP de vender este ano recuperación xa naceu fracasada. A realidade social é esta por moito que intenten enganarnos coas macro cifras”.

Para a deputada do BNG a situación “é tan evidente que non se pode negar. A Ministra de Traballo debe comparecer na Cámara canto antes”. Davila afirma que non “valen os argumentos de que xaneiro é un mes tradicionalmente malo, son os froitos terríbeis da reforma laboral e de políticas nefastas para o traballo digno e en condicións. Por non falar das negativas consecuencias que estas políticas teñen na redución de ingresos á Seguridade Social”.

Olaia Fernández Davila censura á titula de Emprego que “continúa afirmando que se van crear un millón de emprego, tal e como fixera tamén Rajoy. Non é críbel e incluso é ilícito enganar dese xeito cando hai millóns de persoas en situación de desemprego, sen contar os centos de miles que xa esgotaron a prestación. Precísase un cambio de políticas e anular a reforma laboral”.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG