Davila pregunta ao Goberno pola falla de medidas preventivas ante outro caso de violencia de xénero

DSC_0671A portavoz do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, presentou unha iniciativa parlamentar na Cámara Baixa para peder explicacións ao Goberno porque non se adoptaron medidas preventivas de vixianza sobre o home que presuntamente asasinou esta mañá á súa parella no Centro Hospitalario de Ourense.

“Pediu a Garda Civil orde de alonxamento? Por que non foi protexida?”

Davila dirixe unha batería de preguntas ao Goberno sobre estes dramáticos feitos: “Dado que había indicios de violencia de xénero, Non se puido actuar con previsión? Como se explica que o home puidese acercarse á muller asasinada con total liberdade no Hospital? É certo que a Garda Civil pediu unha orde de alonxamento e non se concedeu? De non ser así, Por qué non se protexeu á muller no seu ingreso hospitalario? Investigouse o suposto atraco no domicilio da parella? Investigouse ao marido e foi vixiado?”, son algunhas das cuestións que dirixe ao Goberno sobre este caso.

Davila alude aos recentes feitos desta maña, na que “debemos lamentar o asasinato dunha muller de 66 anos, presuntamente a máns do seu marido que a tería acoitelado”. A muller estaba ingresada desde o 3 de abril no Hospital de Ourense por unha agresión anterior, que está baixo investigación aínda que se sospeita que procede da súa parella.

Os feito producíronse esta mañá cando o home entrou na habitación do Hospital e acoitelou violentamente á muller ate matala. En relación ao ataque no seu domicilio en abril, o marido denunciou que foran vítimas dun atraco no seu domicilio en Pazos, en Verín. Ela resultou con graves lesións cerebrais.

“Por que non se actuou con previsión?” Morte evitábel.

O lamentábel, sinala a deputada do BNG, é que na investigación dos feitos, a Garda Civil de Verín atopou indicios dun caso de violencia de xénero e estaba a investigar ao home. Algunhas informacións indican que a Garda Civil tería pedido unha orde de alonxamento contra el que a xuiza non concedeu, máis o Xulgado indica que dita orde nunca foi solicitada.

Davila afirma que “como noutros casos de mulleres asasinadas polos seus compañeiros ou parellas, hai que preguntarse por que non se actuou con previsión, por que non se adoptaron medias de vixianza no Hospital ou ante indicios de violencia de xénero, pro que non se dictou unha orde de alonxamento.

Para a deputada do BNG “estamos perante o baldeiro de sempre que sofren tantas e tantas mulleres que son maltratadas e que soportan a violencia de xénero sen atopar a suficiente e necesaria proteción por parte das Administracións competentes. Mortes como estas poderían terse evitado”.

A parlamentar nacionalista dirixe tamén outras preguntas: “Por qué razón seguen a morrer mulleres por violencia de xénero en situacións evitábeis? Non é posíbel adoptar medidas preventivas como no caso que acabamos de coñecer? Vai o Goberno a investigar en profundidade que pasou? Non cre que se rebaixou a atención e os medios destinados á violencia de xénero?”

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG