Davila pide a Tejerina que demande na cimeira de Nafo un aumento das cotas de bacallau

olaia4007A portavoz do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, presentou unha iniciativa parlamentar na Cámara Baixa na que pide a Tejerina que leve á cimeira de Nafo as demandas do sector pesqueiro galego.

En concreto, Davila insta á Ministra de Agricultura que atenda as peticións dos profisionais do mar que operan desde hai anos en augas de Nafo. Así, solicitan ao Goberno español que defenda un aumento das cotas de bacallaou en Terranova perante á proposta que se está a debater na cimeira de Halifax que supón un drástico recurtes das cotas de bacallau.

“Unha das preocupacións do sector da pesca galego é que nesta cimeira se debate unha proposta de rebaixa moi drástica das cotas de bacallau en augas de Terranova e que os alarmou porque o consideran excesivo e non comparten os argumentos científicos en relación á situación da biomasa. Afirman que a biomasa esta especie está moi por riba da que se considera límite, e alegan que a mortalidade por pesca permanece estábel desde hai anos”, explica a deputada do BNG.

Hai marxe para aumentalas

Para “o noso sector é desmesurado reducir as capturas ao mínimo”, enfatiza. Piden que Tejerina defenda a permanencia das mesmas cotas, e salientan que o banco “podería soportar unhas capturas de entre 1.000 e 1.500 toneladas”.

Outras das solicitudes do sector concierne á gallineta. “Tamén as cotas que se queren impór son moi limitadas”. Os profisionais do mar poñen de manifesto que, “tal e como reflexan os informes, desde finais dos oitenta até agora, a gallineta presenta os máis altos níveis de biomasa. Ademáis de que mantén a mortalidade por pesca nos límites máis baixos da serie histórica”. Davila traslada ao Ministerio a consideración do sector pesqueiro galego que “cre que hai marxe para aumentar o TAC que se propón”. Opinan que a proposta de subilo de 6.700 a 7000, é demasiado cicateira”.

“Non se está a facer unha proposta moi limitada para a gallineta? Non cre que hai marxe para aumentar aínda máis as cotas?”, pregunta Davila. No que atinxe ao fletán, a deputada nacionalista traslada á Ministra a proposta do sector de que se utilicen outros modelos de avaliación máis axeitados porque o actual leva anos aplicándose.

Máis insiste Davila en que se faga unha posición de forza para incrementar as cotas de bacallau. “Vai demandar un aumento das cotas de bacallau como pide o sector con argumentos fundados?”.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG