Davila critica a Tejerina por negar que 50% dos gandeiros galegos quedarían sen axudas cando "é así"

DSC_0744A deputada do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, diríxese á Ministra de Agricultura nunha iniciativa parlamentar rexistrada hai dous días para reprocharlle as afirmacións feitas no pleno do 14 de outubro, nas que negaba ao BNG que ían ficar fóra das axudas lácteas grande parte do sector lácteo galego.

Davila recrimina á Ministra de Agricultura que no pasado pleno do 14 de outubro cando “esta o BNG lle pediu explicacións por ter escollido un método para a concesión das axudas ao sector lácteo que excluía a unha boa parte, case o 50%, dos productores galegos, tivera tildado as nosas afirmacións de falsas cando agora a realidade demostra que estabamos na razón”.

O Ministerio publicou o pasado luns 19 de outubro na súa web, tanto a relación de beneficiarios como o cuestionario que deben cubrir aqueles que entre abril e xullo tiñan percibido cantidades inferiores aos 28,5 céntimos por litro”. Explica Olaia Fernández Davila que o número total de gandeiros que se beneficiarán das axudas será de 7.029, dun total de 17.000 explotacións en activo en todo o estado.

“Falsedades as do Ministerio”

Vanse repartir 20 millóns de euros, “cantidade claramente insuficiente porque o importe medio por explotación non acadará siquera os 3.000 euros. No caso concreto de Galiza, onde traballan máis de 9.300 gandeirías, só van percibir as axudas unhas 5.000 explotacións”. Polo tanto, “cumpriuse exactamente a previsión que fixo o sector e que o BNG trasladou en forma de crítica á Ministra na sesión plenaria”.

“Tivemos que escoitar hai unha semana á Tejerina afirmar con rotunidade que “todas as explotacións do estado recibirán axudas, sobre todo aquelas que máis o precisen”, e que o criterio polo que se ía rexer o Ministerio sería o de que non pechen explotacións. Incluso manifestou a Ministra que o 83% dos beneficiarios serían galegos e que non se deixaría fóra a ningún”.

Pois ben, “desde o BNG temos que lamentar que se cumpra o que advertíamos, e que a Ministra fixo un exercicio de manipulación, de engano e de terxiversación”. Razón pola que pide explicacións á titular de Agricultura “por que motivo non aportou dados reais dos beneficiarios das axudas no pleno do 14 de outubro cando xa os coñecía. Pretendía ocultar uns dados que demostraban a veracidade das críticas do sector lácteo galego?”.

Olaia Fernández Davila insta á Ministra a arranxar o problema, a abrir a mán para que as axudas cheguen de verdade a todo o sector e a cumprir o dito no pleno do outro día. 1

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG