Davila acusa a Rajoy de "estar máis empeñado en derrotar a Tsipras que en aportar solucións a Grecia

bng40021A portavoz do BNG no Congreso dos Deputados, Olaia Fernández Davila, subiu á tribuna da Cámara esta mañá para criticar a posición do Goberno español en relación á grave situación de Grecia, e tamén en cuestións como a inmigración ou na indiferenza demostrada para cos problemas do sector lácteo.

Só buscaron a derrota política do Goberno de Tsipras

No que atinxe a Grecia, Davila acusou a Rajoy de “ter estado máis empeñado en derrotar políticamente ao Goberno de Tsipras que en aportar solucións económicas para o drama grego. Por iso, manifestáronse tan inflexíbeis”. Reprochoulle que en aras a restabelecer a confianza, “como vostede dí, empeñáranse tamén en lograr que o Goberno de Grecia perdera a confianza do seu pobo, humillándoo, porque non lles perdoan o referendo”.

“E non llo perdoan porque foi unha demostración contundente contras as políticas europeas. Igual que tamén foi contundente a demostración que os cidadáns do estado español fixeron nas últimas elecións autonómicas e municipais. Nin o pobo grego nin o pobo do estado español están dacordo coas políticas que están levando ao empobrecemento a toda a poboación”, enfatizou a deputada do BNG.

“Señor Rajoy: vostede deixa máis empobrecemento”

Davila criticou que “apliquen unhas condicións leoninas insufríbeis ao pobo grego. Poden estar satisfeitos por defender ao poder económico sempre tan favorábel ao control da economía como favorábel ao empobrecemento da xente”. E como exemplo, dixo a deputada do BNG, “a súa xestión. Tan sumisa á Troika. Por iso fixo todas as reformas exixidas”. A parlamentar nacionalista utilizou os dados de Seguridade Social porque “son a clara demostración do fracaso do seu Goberno”. Sinalou que os dados de afiliación á Seguridade Social son os mesmos de 2011 pero con moitos menos ingresos. “Iso é a mostra da precariedade e do empobrecemento no que deixa o estado español”. Dixo a Rajoy que “as súas reformas e os seus recurtes lograron que os traballadores teñan menos salarios e piores condicións laborais

Condenan ao sector lácteo á miseria

Ironizou coa pretendida solidariedade da UE e acusounos de “facer gala da maior das insolidariedades na grave crise da inmigración, no drama humanitario no Mediterráneo. Son incapaces de actuar en consecuencia e se tiran a pelota uns aos outros”.

“A mesma solidariedade que está levando á miseria ao sector agrario galego porque o sector lácteo non pode sobrevivir nestas condicións. De que lle serviu tanta sumisión, tanto non saber defender os intereses das persoas cando lles deixaron fóra de todas as institucións comunitarias”. “Ese é o papel que lle queda aos sumisos”.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG