Cosme Pombo pide a Feijóo que cumpra o seu compromiso cos servizos prometidos para o HULA

O deputado,  reclamou ao Goberno galego dotar de persoal estatutario e recursos os servizos de Radioterapia, Medicina Nuclear e Hemodinámica 24 horas no Hospital Universitario Lucus Augusti de Lugo (HULA), prometidos por  Núñez Feijóo no ano 2011.

Cosme Pombo na Comisión de Sanidade

O parlamentario do BNG, Cosme Pombo volveu a reclamar hoxe na comisión de Sanidade que “Feijóo e o goberno galego cumpran o seu compromiso cos servizos prometidos de Radioterapia, Medicina Nuclear e Hemodinámica 24 horas” no Hospital Universitario Lucus Augusti de Lugo.

Na súa intervención, o deputado demandou o apoio de todos os grupos da comisión sobre as condicións nas que se porán en marcha os tres servizos, radioterapia, medicina nuclear e hemodinámica 24 horas, “reclamados pola cidadanía lucense”.

O parlamentario salientou que o servizo de hemodinámica “funciona en horario de oficina” polo que pediu que se estendera as 24 horas. O BNG, dixo, ten reclamado con insistencia os tres servizos ao igual que as veciñas e veciños de Lugo, entidades sociais, culturais, sindicais así como corporacións provinciais pero o Partido popular continúa sen escoitar aos lugueses e luguesas que reclaman o mesmo trato sanitario que o resto dos galeg@s.

Feijóo incumpre o seu compromiso cos servizos do HULA

No ano 2011, explicou Cosme Pombo, o presidente da Xunta “comprometeu a súa palabra” para que os tres servizos estiveran en funcionamento ese mesmo ano e que os doentes con cancro e doenzas de corazón que antes debían desprazarse podan ser atendidos no hospital de Lugo ao longo deste ano 2011. Catro anos despois, “todo segue no mesmo punto”, pero os lugueses e luguesas non esqueceron loitar polo dereito a saúde nin esquecen “o incumprimento do presidente”.

Cosme Pombo

Cosme Pombo lembrou que no propio Parlamento foi defendida unha Iniciativa Lexislativa Popular, avalada por máis de 40 mil sinaturas aprobada por unanimidade para que en seis meses fosen instalados os tres servizos, “pasado o tempo, isto non se cumpriu”. O deputado tamén lembrou as “multitudinarias mobilizacións” reclamando os servizos pero estamos rematando o 2015 e seguimos igual, recalcou.

O nacionalista agradeceu o apoio dos grupos da oposición e lamentou o anuncio do voto en contra do Partido popular e lembrou que “a demora en non abrir estes servizos supoñen máis mortes na provincia de Lugo”. Estamos falando de 50 mortes cada ano e os luguesas e luguesas “non queremos máis mortes” nin queremos peor calidade de vida para os doentes que son atendidos despois de 120 minutos. Estamos fartos das “rutas do cancro” con doentes percorrendo 10.000 ao mes para recibir un tratamento, isto é penalizar á enfermidade con cargas aos familiares e económicas.

O PP discrimina a sanidade de Lugo

Lugo non merece este trato e o Partido popular condena unha vez máis á sanidade de Lugo a que repercuta en máis mortes, máis ruta do cancro e menos servizos nun hospital pioneiro e cun persoal cualificado que só precisa “recursos e vontade política para que funcione ao cen por cen” como queremos todos os lugueses e luguesas, ser como o resto dos galeg@s, “cousa que polo momento, non somos”, concluíu.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG