Condena do BNG do "horror de Paris" e solidariedade con todas as vítimas da "violencia irracional"

logobngA Executiva do BNG expresa neste comunicado a condena “firme do BNG do horror perpetrado onte á noite na capital parisina, o seu rexeitamento de todo acto terrorista que sesga a vida de moitas persoas como está a acontecer noutras partes do mundo, como sucedeu hai uns días en Beirut. Amosa a súa solidariedade coas familias das vítimas do atentado e agarda o rápido recuperamento dos feridos”.

A Executiva do BNG fai un chamamento a sumarse aos actos e concentracións de condena “da violencia vil, cruel, inútil e irracional que mata persoas de maneira atroz, practicando a inhumanidade e o sensentido. Actos que deben estar adicados á lembranza das persoas asasinadas, tanto onte como en días pasados noutras partes do mundo”.

O BNG considera que “hoxe é o día da solidariedade coas vítimas” e apela a abordar “a violencia terrorista mundial desde a racionalidade, desde o respecto aos dereitos dos pobos

e evitando alimentar a espiral de violencia actual”.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG