parlamento galego

O BNG vota en contra da lei de simplificación administrativa ao servizo do modelo “depredador” do IBEX35

Grupo BNG
Grupo BNG
Noa Presas afirma que é “unha lei depredadora BIS” e “barra libre” para regalar os recursos naturais galegos a grandes fondos de inversión

Advirte que a lei do PP terá resposta social como a Mina de Touro, Corcoesto ou os macroproxectos eólicos que agreden ao medio ambiente

A portavoz parlamentaria de Economía e Enerxía do BNG, Noa Presas anunciou o voto en contra do grupo nacionalista á lei do PP de Simplificación administrativa e apoio á reactivación económica. A deputada cualificou a lei  de “lei de depredación BIS” co fin de  favorecer o “modelo depredador do IBEX 35”. Segundo Presas, a lei “disfrazada” de axilización administrativa, o que en realidade é “un atropelo democrático  tomadura de pelo  do Partido popular ao Parlamento galego”.

Presas insistiu en que a lei representa “o abrazo definitivo da Xunta do PP á máis absoluta desregulación económica e industrial, barra libre para regalar os nosos recursos naturais a grandes fondos de investimento e deixar a sociedade galega con cada vez menos marxe de resposta a un modelo depredador e ao servizo do IBEX35”.

Para a deputada , o propio titulo do texto lexislativo é “unha manobra de distracción” e supón a disolución administrativa  aínda que o PP pretenda poñer o foco na axilización e xustifican  a urxencia na necesidade de favorecer á recuperación económica. “A Covid como desculpa para calquera atropelo”, recalcou. Por outra parte defenden o aproveitamento responsable dos instrumentos de financiamento europeo, sen  embargo onte coñeciamos que a Xunta deixa sen gastar máis de 1.400 Millóns de euros procedentes da UE, vaia responsabilidade, criticou.

Noa PresasStop á depredación, o PP lexisla para o IBEX

Segundo a nacionalista, o PP fai un “uso obsceno “ do Parlamento utilizando o procedemento express para aprobar unha lei con 64 artigos e sen participación e debate público e  incidiu nas eivas da lei entre as que destacou a falta de propostas para axudar a mocidade nesta crise. Na súa opinión, esta lei  constata “o fracaso” das normas anteriores e a falta de planificación. Neste sentido lembrou que o PP goberna dende hai 11 anos e en cada lexislatura “fan unha lei de simplificación administrativa e dinamización económica”. A lei reiterou, é un remake da lei de Depredación, “unha lei de depredación BIS” en realidade,  e destinada  á  privatización da administración pública, “a alfombra vermella para as agresións medioambientais, barra libre para o eólico”. Nesta liña, aproveitou  a súa intervención para amosar unha fotografía da Serra do Iribio e a sentenza do TSXG sobre “o produtivismo da Xunta en detrimento das garantías ambientais”; O grupo parlamentario do BNG secundou á deputada nacionalista amosando carteis dende os escanos  baixo o lema , “Stop depredación, o PP lexisla para o Ibex”.

Presas criticou a falta de obxectivos da lei,  “sen  propostas para o emprego de calidade nin peche de ciclos produtivos”. A deputada volveu a pedir a retirada da lei e asegurou que  o PP cando  rectifica “acerta”.

A parlamentaria  advertiu que esta lei pode ser un detonante para que Galiza reaccione como o fixo coa Mina de Touro, en Verín, en Corcoesto e en contra dos  macroproxectos eólicos. Galiza, non se vai resignar e non vai permitir que convertan o noso país “nun deserto natural ao servizo do saqueo do gran capital”, concluíu.

A Lei do PP foi aprobada en solitario polo grupo maioritario popular.

Máis en Novas
Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG