BNG rexeita o Decreto dos 426 euros a parados de longa duración "porque é insuficiente en contía"

bng4010As deputadas do BNG no Congreso, Rosana Pérez e Olaia Fernández Davila, rexeitaron hoxe no Pleno o Real Decreto Lei 1672014, de 9 de decembro, polo que se regula o Programa de Activación para o Emprego.

Davila deixa clara a posición crítica do BNG con este Real Decreto porque a axuda de 426 euros “é unha axuda insuficiente,tanto pola contía como polo escaso prazo de tempo a cobrala”, e desde logo, “está lonxe do salario de inserción laboral defendido por outras centrais sindicais nacionalistas”.

Ademáis, subliñou a deputada do BNG, o mecanismo de inclusión no programa de actividade “é demasiado complexo, sobre todo para aquelas persoas que fixeron tres acións ao mes de busca de emprego”. Por certo, indicou, “unha delas é a de inscribirse nunha Axencia de colocación”.

Criticou a parlamentar do BNG que “fiquen claras as obrigas, as incompatibilidades, as sancións pero non o dereito das persoas perceptoras a receber a atención axeitada para atopar traballo”. E máis unha vez, “estamos perante unhas medidas que non contan cos medios precisos para poder seren efectivizadas”.

Así, enumerou algunhas delas como “que non se estabelezan compromisos concretos para as axencia de colocación, moi mimadas e consentidas cando se trata de receber carto público e formación, pero ás que se lles exime de responsabilidade cando é preciso que colaboren como nestes casos”.

Outro dos aspeitos que non comparte o BNG é a nova subvención á contratación. “A empresa que contrate a unha persoa parada que cobre este subsidio, descontará do salario a pagar ao traballador o que lle está a pagar o estado. Unha medida que poderíamos entender en traballos de tipo social en entidades sin ánimo de lucro, pero non en empresas con beneficios. Non é razoábel a menos que a empresa contrate sen ter necesidades produtivas”.

De feito, resalta Davila, ningunha das medidas adoptadas a subvencións, deducións á seguridade social, non serviron para reducir o desemprego ou aumentar a contratación”.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG