O BNG reclama protexer ás persoas da "pobreza enerxética"

Carme Adán lembrou que 450.000 galegos e galegas non poden pagar o subministro enerxético polo que reclamou, a través dunha proposición de Lei, incluír o concepto “pobreza enerxética” na Lei de Protección das persoas consumidoras

Intervención de Carme Adán na defensa da lei

A parlamentaria do BNG , Carme Adán lamentou hoxe o voto contrario do Partido popular á lei nacionalista destinada a incluír o concepto “pobreza enerxética” na Lei de Protección de persoas consumidoras.

Tras anunciar o portavoz do Partido popular, Hipólito Fariñas que os conservadores votarían en contra da Lei do BNG, por desacordo co concepto “pobreza enerxética” e alegando que debe ser denominada “consumidores vulnerábeis”, a parlamentaria nacionalista amosou a súa sorpresa e preguntou polos verdadeiros motivos do voto en contra.

Para a deputada, o que está a acontecer é unha consecuencia das políticas dos gobernos do Partido popular entre as que destacou, a liberalización do sector enerxético en 1997. Na súa intervención tamén aludiu ao tique social e explicou que son “ 45 euros cada seis meses”, mentres o Goberno galego gastou máis de dous millóns de euros en "publicidade" do hospital privado de Vigo por non falar, dixo, das campañas de natalidade con máis de 1.400.000 “é adicta”.

Vostedes, afirmou, “son cómplices das grandes eléctricas” e agora veñen xustificando o voto en contra amparándose na terminoloxía.

450.000 galegos non poden pagar a luz nin a calefacción

Adán replicou que lle poden chamar como queiran, “vulnerabilidade, ou indixencia” pero o problema real é que o Ministro Soria impulsou unha reforma que aumenta o recibo da luz en en Galiza xa son 450.000 persoas as que non poden pagar as facturas. Cómo é posible que exportando dende Galiza enerxía os recibos da luz segan incrementándose, cómo é posible que 450.000 estean a dúas velas, recalcou a nacionalista.DSC_0516

A proposta do BNG, rexeitada hoxe polos populares incluíu unha modificación da lei de Protección para introducir o concepto “pobreza enerxética” para protexer as unidades de convivencia que destinan máis do 10% dos seus ingresos para gas e electricidade.

Ademais, a lei do BNG tamén incluía que a propia Xunta asumira as facturas de gas e electricidade das persoas en risco de pobreza enerxética.

A parlamentaria tamén denunciou que a reforma laboral do PP provoca o empobrecemento das familias, “vostedes non parecen conscientes do nivel de paro en Galiza e das moitas persoas que non poden pagar a luz”.

 

 

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG