Parlamento Galego

O BNG reclama medidas concretas para avanzar na loita contra a violencia machista

Olalla Rodil
Olalla Rodil
Na votación do ditame da Comisión de Igualdade volveu a reclamar destinar  o 1% do Orzamento á loita contra a violencia machista, garantir  A atención psicolóxica das mulleres en situación de violencia machista na Atención Primaria, formación obrigatoria de profesionais e crear unha Unidade específica de violencia machista na Dirección Xeral de Xustiza con persoal e orzamento propio.

A deputada do BNG, Olalla Rodil  volveu a reclamar  hoxe “medidas concretas para a loita contra a violencia machista”, na Comisión de Igualdade celebrada no Parlamento galego na que foron votados os traballos da ponencia sobre medidas e tratamento da violencia de xénero que continuará o seu tramite en sesión plenaria, o BNG abstívose para facilitar os devanditos traballos.

Na súa intervención, a parlamentaria agradeceu o  traballo realizado ao longo destes anos “polas persoas que fixeron parte da Comisión de Igualdade durante a IX e X Lexislatura en representación dos distintos grupos políticos, traballos que comezaron no ano 2014. 

Tamén amosamos o nosos agradecemento, engadiu,  a todas as persoas que compareceron na Comisión en representación de numerosas entidades, organización e institucións e criticou  criticou a negativa a comparecer na comisión das  Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, tanto a Garda Civil como a Policía Nacional que rexeitaron comparecencia a través  dunha carta á Cámara na que aseguraban non ter a obriga de facelo por non se tratar dunha institución de ámbito estatal. Para o BNG, dixo, Rodil, isto representa “unha grave falta”  de respecto institucional ao Parlamento galego.

Sobre o proxecto de ditame, explicou a deputada, sempre defendemos  que os grupos políticos non podíamos ser “meros espectadores ou taquígrafos do que dixesen as persoas comparecentes senón que o plan de traballo contemplaba unha avaliación da lexislación que permitise valorar o grado de cumprimento e desenvolvemento da Lei 11/2007 galega de prevención e tratamento integral da violencia machista” así como  avaliar que dos  os 12 anos de vigor da lei  e especialmente durante a crise económica, pero tamén o profundo avance social do movemento feminista expresado nas masivas mobilizacións sociais dos últimos anos.

“Levamos dúas lexislaturas traballando neste ditame pero para o BNG é fundamental facer esa avaliación e que as recomendacións teñan unha maior concreción, sinalen propostas concretas e sirvan para avanzar” porque, boa parte das recomendacións contidas neste ditame, “xa están recollidas na propia e lei e demostran que non se cumpriron”.

O BNG, recalcou Rodil seguirá reclamando BNG destinar como mínimo, “o 1% do Orzamento á loita contra a violencia machista”, garantir da atención psicolóxica das mulleres en situación de violencia machista na Atención Primaria, que  a formación das e dos profesionais (sanitarios, ensino, xustiza, administración…) sexa obrigatoria, crear unha Unidade específica de violencia machista na Dirección Xeral de Xustiza con persoal e orzamento propio e revisar todos os protocolos existentes para os adecuar a todas as formas de violencia recollidas na lei, particularmente corrixindo as eivas a respecto da violencia sexual”.

Con ánimo construtivo o BNG facilitou a votación por puntos das súas emendas das que foron aceptadas as 1,3,4,5,6 e o punto 4.8.1 da emenda 9.

O BNG abstívose na votación en comisión do proxecto de ditame que será debatido no seguinte período de sesións, o mes de xaneiro.

 

Máis en Novas
Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG