parlamento galego

O BNG pide á Xunta medidas áxiles e suficientes para empresarios e empresarias afectadas pola pandemia

Daniel Pérez López
Daniel Pérez López
Daniel Pérez pregunta que vai facer a Xunta cos negocios familiares con persoas ao fronte  que superan os 55 anos

O deputado do BNG, Daniel Pérez interpelou hoxe ao goberno sobre as  medidas postas  en marcha para facer fronte as consecuencias da Covid-19 sobre o colectivo de  empresarios e empresarias autónomos.

O parlamentario do BNG sinalou que transcorreron oito meses para que a Xunta anunciara o plan de rescate dos e das autónomas e denunciou que para moitos e moitas deles as medidas chegan tarde porque están “pechados”.

Daniel Pérez trasladou ao Parlamento as criticas  da Asociación de emprendedores de Galiza  que responsabilizan  ás administracións públicas “da morte do sector hostaleiro” e demandan compensacións. A curto e medio prazo os peches, afirmou o nacionalista, serán inminentes e os “autónomos e autónomas non son o problema, son parte da solución”.

Pérez reclamou  “áxiles, directas e suficientes” porque de non se así os autónomos e autónomas afirman que non terán futuro. O colectivo demanda  “un rescate” para os hostaleiros e outros sectores e cualifica as medidas de Feixóo de “parches”. Axudas  de até 7.000 euros son “insuficientes”. O Presidente de xoves empresarios da Coruña afirma que os asociados da hostalaría, axencias de viaxes, espectáculos e eventos denuncia a paralización, a falta de traballo e a persistencia dos gastos pero ademais  das asociacións, un gran número de persoas denuncian a mesma situación ao que suman  compras que non saben si van poder vender.

Daniel Pérez recalcou  que as axudas articuladas pola Xunta,  a día de hoxe, “son insuficientes” porque non  escoitaron a un dos sectores máis golpeados economicamente pola  Covid-19. Si a Xunta non escoita ao sector  non acertará coas medidas. Deixen a “mercadoctenia” e actúen como goberno, escoiten ao sector, sentenciou o deputado.

As axudas son xenéricas e marcadas pola falta de inmediatez,  chegan tarde e cada día que pasa “pecha un negocio” que dá sustento a unha ou varias familias, xera riqueza e afecta ao tecido empresarial. O deputado tamén  alertou da realidade dos negocios familiares con persoas ao fronte de máis de 50 anos, e preguntou que vai pasar con eles.

Finalmente, o parlamentario preguntou ao goberno polas “axudas directas para gastos correntes” devengados durante oito meses. Daniel Pérez volveu a pedir á Xunta que escoite ao sector e poña en marcha as axudas directas para empresarios e empresarias autónomos cunha “economía estrangulada” polo pandemia.

 

Máis en Novas
Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG