O BNG pide prohibir o Eucalyptus Nitens polo seu impacto negativo para o monte galego

A militancia nacionalistas durante unha asemblea nacional

A deputada Tereixa Paz reclamou impulsar os cambios legais necesarios para prohibir a plantación desta variedade de eucalipto polo seu impacto negativo na riqueza forestal galega

Tereixa Paz en comisión

Tereixa Paz solicitaba, na Proposición non de lei debatida hoxe na Comisión de Agricultura, impulsar e realizar os cambios legais para a prohibición do cultivo do Eucalyptus nitens amparándose na recente sentenza da Sala do Contencioso da Audiencia Nacional que confirma a denegación para o cultivo desta variedade en Asturias.

A parlamentaria explicou que a sentencia basease no ditame do Comité científico para o desenvolvemento do Listado de Especies Silvestres en Réxime Especial e do Catálogo Español de Especies Ameazas, dependente do propio Ministerio de Agricultura e Medio Ambiente.

A nova variedade só beneficia á empresa ENCE

A deputada denunciou que a nova especie de eucalipto só beneficia a ENCE para a elaboración de pasta de papel e para o novo negocio da biomasa, “madeira para queimar” no que o Eucaliptus nintens cumpre un papel moi facilmente utilizable pero en detrimento dos intereses económicos das persoas que viven no rural, non só dos gandeiros senón tamén dos agricultores que constatan como as mellores terras son utilizadas para este tipo de plantación invasora.

 A eucaliptización arrasa co monte galego e impide desenvolver as súas potencialidades agrarias e gandeiras

Para a deputada, un dos principais problemas ambientais e económicos do monte galego é o “preocupante avance da eucaliptización”. En Galiza,explicou, existe o 52% das plantacións forestais de todo o Estado español e no 2015 podería chegar a cerca das 500.000 hectáreas de superficie cuberta por eucaliptos. Nos últimos anos foi introducida “unha nova especie” de eucaliptos cunha maior resistencia ás condicións climáticas adversas o que provoca que nas superficies non susceptibles de eucaliptización agora prolifera esta nova especie exótica e invasora, o Eucalyptus Nitens.

Tereixa Paz

Esta nova especie, abondou a nacionalista, está a ocupar terras que deberían ser aproveitadas para usos agrícolas ou gandeiros e constitúe “un auténtico problema” ecolóxico, ambiental e tamén económico, polo que reclamou o apoio dos grupos parlamentarios para impulsar os cambios legais co fin de prohibir a plantación desta especie exótica, Eucalyptus Nitens, unha especie con gran capacidade invasora e cunha maior resistencia ao frío. O alto risco de invasión do Eucalyptus Nitens resulta “perigoso para o mantemento da biodiversidade e funcionalidade dos ecosistemas” como reflicte o informe científico dependente do Ministerio de Agricultura e Medio Ambiente.

O PP vota en contra da iniciativa do BNG para prohibir o cultivo do Eucalyptus Nitens

Pola súa parte, a portavoz do Partido popular afirmou "que xa hai mecanismos para evitar a excesiva eucaliptización e a Xunta é dilixente velando polo cumprimento da lei e porque non se foresten terras agrarias".

A iniciativa do BNG que contou co apoio dos grupos da oposición, agás a abstención do PSdeG, foi rexeitada polo grupo maioritario do Partido popular.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG