Parlamento Galego

O BNG pide no Parlamento que se elimine a obriga da “habilitación nacional” para @s tesoureir@s dos concellos

Luís Bará en comisión parlamentaria
Luís Bará en comisión parlamentaria
  • O nacionalista Luís Bará defenderá no Parlamento galego eliminar esta obriga nos concellos de menos de 5.001 habitantes e de menos de 20.000 mentres non sexa modificada a lei de bases de réxime local e haxa convocatorias suficientes para cubrir os postos  

O deputado do BNG, Luis Bará leva ao Parlamento galego unha proposición non de lei para instar ao Goberno galego a que demande ao Goberno do Estado eliminar a obriga a “habilitación nacional” para os tesoureiros/as dos concellos de menos de 5.000 habitantes mentres non haxa convocatorias suficientes ou se modifique a lei de bases de réxime local.

O parlamentario  tamén esixe a mesma eliminación no caso de concellos de menos de 20.000 habitantes. No texto da iniciativa nacionalista, o deputado explica que os concellos de menor poboación está a ter un importante problema á hora de cubrir os postos de tesoureiro/a, interventor/a ou secretarios e secretarias con “funcionarios de habilitación nacional” porque os nomeamentos “son insuficientes” para cubrir as necesidades en Galiza.

Esta situación que afecta a 200 concellos en Galiza, con menos de 5.001 habitantes viuse agravada pola modificación legal aprobada por decreto a finais do 2015 xa que ata o cambio da lei os postos podían ser cubertos con traballadores doutras categorías pero agora, imponse a  “habilitación nacional” ou que os concellos conten cun funcionario ou funcionaria  “propio do grupo A1 que se presten  a desenvolver ese labor voluntariamente”.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG