O BNG pide un Estatuto de vítima de Feminicidio e ampliar a acreditación por violencia machista

Carme Adán

Carme Adán defenderá unha proposición non de lei encamiñada a modificar a lei Orgánica de Medidas de Protección Integral contra a violencia de Xénero para desenvolver o “Estatuto de vítima de Feminicidio” e facilitar a acreditación de vítima de violencia machista

Carme Adán

A parlamentaria e portavoz de Política de Igualdade, Carme Adán presentou unha proposición non de lei destinada a modificar a lei Orgánica de de Medidas de Protección Integral contra a violencia de xénero para desenvolver o “Estatuto de vítima de Feminicidio” co fin de facilitar a acreditación ás mulleres afectadas para o acceso de recursos asistenciais, económicos ou psicolóxicos sen que sexa preceptivo presentar previamente denuncia.

A parlamentaria afirmou que a “violencia de xénero é un problema de Estado” e o incremento das mulleres “asasinadas” fai necesaria e urxente a revisión das políticas de prevención porque a solución, urxiu , non é só penal, “hai que cambiar actitudes no ámbito social e educativo para que as mulleres non sufran terror”.

Rolda de prensa de Carme Adán

A deputada insistiu en que a violencia machista “non é algo illado, é un problema social” e os datos así o corroboran, nos últimos dez anos máis de 700 mulleres foron asasinadas e nas últimas horas no Estado español foron catro as mulleres asasinadas. Se en vez de mulleres vítimas de violencia de xénero foran asasinadas por outras razóns, “O estado paralizaría as súas vacacións para crear con urxencia un gabinete de crise” contrariamente a isto, existe unha relaxación e mesmo existe a crenza que durante o verán “é normal” que morran máis mulleres asinadas.

Non son mortas, son asasinadas

Adán especificou que non son “mulleres mortas, son asasinadas” e os Gobernos deben asumir que as políticas de igualdade e a violencia machista é unha “cuestión de Estado e sobre todo, prioritaria para as administración e os gobernos”.3

Proposta do BNG para modificar a Lei e crear o Estatuto de vítima de Feminicidio

Adán explicou que as leis contra a violencia de xénero, tanto a estatal como galega, iniciaron pasos moi importantes cun marcado carácter penal e xudicial, polo que unha muller vítima de violencia machista é obrigada a acreditar a súa situación a través dunha denuncia para acceder a orde de protección. Nós, abondou, consideramos que este extremo debe ser modificado introducindo unha figura que mellore a lei co termo “feminicidio” mostrando que a violencia machista é “unha cuestión política e social” porque a violencia contra as mulleres é un “terror específico” polo que propoñemos o “Estatuto da vítima de Feminicidio”.

Facilitar a acreditación de vítima de violencia de xénero

Queremos modificar o artigo 23 da Lei Orgánica referido a “acreditación de situación de violencia de xénero” para a inserción laboral ou acceder a servizos específicos e a Lei debe ter un título propio para acreditar a violencia de xénero , como fai a lei galega e que os propios Servizos sociais podan acreditala.4

A deputada lembrou que na Comisión de Estudos para avaliar as Lei Orgánica e a galega as directoras de Centros de Información ás mulleres e Organizacións sindicais reivindican unha acreditación de vítima, non só a través da denuncia senón que esta condición poda ser acreditada tamén con informes dos servizos socias, sanitarios, certificados de acollida ou mesmo co informe da Inspección de traballo ou Seguridade social.

A parlamentaria recalcou que moitas vítimas de violencia machista non dan o paso a denunciar e despois de 11 anos da aplicación da Lei Orgánica, na actualidade, dixo, “queda curta”. Levamos máis de 700 mulleres asasinadas no Estado e 40 en Galiza sen contabilizar as que non aparecen nas estatísticas. Neste sentido apuntou que debe ser rexistrada como vítima de violencia de xénero a amiga asasinada por Sergio Morote, ex-parella de Marina Okarynska, Laura del Hoyo.

 

 

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG