O BNG pide computar como traballo os cursos de inglés dos controladores en tránsito aéreo

Rosana Pérez presenta unha iniciativa sobre a formación continúa para manter a aptitude lingüística en inglés dos controladores de tránsito aéreo e que a formación “compute como tempo efectivo de traballo”eva10S4004

A parlamentaria do BNG, no Congreso dos deputados, Rosana Pérez formula unha pregunta ao Goberno sobre as previsións de ENAIRE de impartir formación presencial en inglés aos seus traballadores e aos Controladores de Tránsito aéreo.

Tendo en conta que a formación lingüística en inglés para os CTA resulta imprescindíbel para o exercicio da súa profesión, a deputada quer saber se o tempo da formación será computado como tempo efectivo de traballo ao igual que o tempo empregado no exame de inglés para a renovación da licenza de Controladores de transito aéreo.

Por outra parte, Rosana Pérez tamén preguntará polas razóns de EMAIRE para recoñecer este dereito a parte dos seus traballadores adscritos aos servizos centrais e non a totalidade de empregados. Nestes sentido explica que de feito, existe un antecedente recente coa decisión da Dirección de Recursos Humanos de ENAIRE de convocar os cursos atendendo á flexibilidade horaria e computar a formación de inglés presencial como tempo de traballo efectivo. Sen embargo, a medida só vai destinada aos traballadores dos servizos centrais polo que , a xuízo da deputada, se está a discriminar ao resto dos traballadores incidindo negativamente na conciliación familiar e laboral.

 

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG