O BNG pide a comparecencia de Soria polos efectos negativos das subastas eléctricas para industrias

bng4008A deputada do BNG no Congreso, Rosana Pérez, solicitou hoxe a comparecencia do Ministro de Industria para que acuda á Cámara a informar sobre os procesos de subastas realizados en base á decisión de implantar o sistema de interrumpibilidade e consecuencias para a industria galega, nomeadamente para factorías como a de Alcoa en A Coruña ou a de Megasa en Narón.

Ademáis, a parlamentar do BNG presentou unha serie de pregunta por escrito dirixidas ao Ministro sobre esta cuestión nas que lle demanda a retirada do sistema de interrumpibilidade e a volta ao sistema anterior. Sinala Rosana Pérez que “o novo sistema afecta negativamente a factorías de grande importanza en Galiza como é a planta de Megasa en Narón ou as plantas de Alcoa en A Coruña e en Avilés, entre outras”.

Un sistema baseado en subastas

Enfatiza a deputada do BNG que ambos centros anunciaron recentemente a intención de proceder a despidos colectivos, o que é un duro golpe tanto para as economías das comarcas onde desenvolven a súa actividade como para as numerosas plantillas de traballadores”. E lembra que a primeira subasta enerxética para regular o novo sistema de adxudicación da interrumpibilidade celebrouse na última semana de novembro e as fábricas mencionadas non lograron ningún lote de magavatios con incentivos.

Rosana Pérez destaca as características tanto da factoría de Alcoa en A Coruña que da traballo a unhas 400 persoas, mentras que Megasa en Narón conta con 169 traballadores. Son industrias importantes para a economía das comarcas onde se asentan.

A parlamentar nacionalista destaca que a perda das bonificacións por interrumpibilidade prexudica a moitas fábricas como as mencionadas. Critica a xestión da enerxía que está “a facer este Goberno así como outros anteriores. Deixa moito que desexar porque se permitiu comerciar co que debería ser considerado un ben básico para a industrialización dun territorio e tamén para evitar situacións penosas como a probeza enerxética”. No caso do sistema de interrumpibilidade, sinala Rosana Pérez, “conflúen varias circunstancias que poden ser perversas para a nosa industria”.

Así, remarca que a falla duns prezos de referencia e o feito de ir a unha subasta anual afecta aos investimentos para a modernización das instalacións. En segundo lugar, o feito de ir a unha subasta a cegas, “da que se descoñecen os prezos acadados por outros posíbeis competidores, vai provocar que empresas do mesmo sector produtivo teñan prezos diferentes de electricidade”.

Galiza debe ter unha tarifa eléctrica máis baixa

A parlamentar do BNG pide a Soria a retirada deste tipo de sistema baseado en susbastas e que se volte ao sistema anterior medianto o cal se estabelecía un prezo por consumo. Máis considera que hai que ir máis alá e abordar unha reformulación de todo o sistema eléctrico que admita tarifas máis baixas en territorios como Galiza que son netamente productores. Lembra que Galiza é exportadora de enerxía e a pesar de soportar os custes sociais e ambientais pola explotación dos seus recursos naturais non recibe ningún tipo de compensación a cambio.

Rosana Pérez reclama a Soria que cambie de dirección e aprobe medidas para evitar a destrucción do emprego e da actividade industrial. “Aprobe medidas para potenciar a industrialización non para pechala”.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG