parlamento galego

BNG non avala as contas da Xunta para o ano 24 por que non dan resposta ás necesidades da cidadanía e persisten no continuísmo

Noa Presas
Noa Presas

Noa Preas reprochou ao PP a súa negativa a aceptar unha soa proposta das máis de 600 para mellorar a sanidade, o ensino, os dereitos sociais e  enfrontarnos a futuros retos

Afirmou que o PP é “o goberno da soberbia e o NON” e augurou que os orzamentos da Xunta serán os últimos porque o cambio en Galiza liderado polo BNG “xa está en marcha”

A portavoz de Facenda e Orzamentos do BNG, Noa Presas afirmou que as contas da Xunta para o ano 2024 “son insuficientes” e non responden ás graves necesidades da cidadanía. Ademais  reprochou ao PP a súa negativa a aprobar unha soa proposta das máis de 600 para mellorar a sanidade, o ensino, os dereitos sociais e  poder enfrontarnos ao novos retos.

A deputada recalcou que o PP é o “Partido da soberbia e do non” e augurou que os orzamentos para o 24 serán os últimos dos populares, porque “o cambio en Galiza liderado polo BNG, “xa está en marcha”.

 “Demostramos  coas nosas emendas unha alternativa posible a favor das maiorías sociais, da redistribución da riqueza e dos servizos públicos. Un proxecto a favor de construír a Galiza que vén: más xusta e con futuro”, recalcou a nacionalista.

 Para a deputada, o goberno renuncia a súa responsabilidade e amosa, unha vez máis, unhas contas que “ofrecen máis do mesmo”, un programa repetitivo e esgotado dun goberno xa nos últimos estertores.

Onte mesmo,  lembrou a deputada, o Presidente Rueda emperrábase en desmentir ao Vicepresidente Diego  Calvo e afirmar que non hai inquedanza no goberno galego, que non están inquietos... dime de que presumes....En todo caso, deberían estar inquietos,

porque  van ir a exame e non deberían ir coa conciencia tranquila despois de “catro anos perdidos” desaproveitando as leccións da pandemia, a oportunidade de fondos extraordinarios e medidas para flexibilizar o marco de déficit de gasto.

O Goberno do PP, agregou Presas, permitiu “facer negocio coa vellez” drenou recursos nos servizos públicos da pública á privada, continúa precarizando ao persoal como denuncian os profesionais da sanidade , traballadoras das escolas infantís o sector da limpeza de Lugo ou  da innovación cuns orzamentos conxelados que despois nin se executan.

“Estamos nun momento de cambio pero o único que non muda sos os orzamentos do Partido popular”. Perdemos impulso industrial, poboación e competitividade, e estas contas volven a ser “repetitivas” no fondo e na forma.

Como non van estar inquietos si no  ano 24 volvemos á restrición de gasto, ao neoliberalismo e ao centralismo.

Da quita da débeda que?

“Fíxolles o BNG o traballo e vostedes non van pedir que se poña en marcha nin intentar sacar o máximo posible, e por sectarismo político van a renunciar a máis   de mil millóns de euros só por non recoñecer a utilidade do BNG”. Son vostedes un lastre para este país porque compiten por ser “os pelotas número 1 da estratexia de Feijoo”, mentres outras comunidades do PP piden negociacións bilaterais.

O BNG, indicou Presas, defendeu emendar as contas porque “hai outra maneira de facer as cousas” para blindar os servizos públicos e recuperar dereitos roubados baixo “a coartada da crise financeira”.

Nesta liña asegurou  que esta é a fase final da flexibilización do marco do déficit.

No último período de crise, e son datos do Consello de Contas, eliminaron máis de 2.000 profesores e profesoras neste país e acaban de anunciar unha OPE na que nin sequera cobren a taxa de reposición.

Presentamos emendas tamén para limitar a contratación de persoal temporal nos servizos públicos, reducir a temporalidade no ensino secundario, e na sanidade donde seis de dez enfermeiras do Sergas son temporais.

Ademais urxe “poñer límite ás colaboracións público-privada con “chapuzas” como a do Hospital de Vigo ou a trama das autovías polas que pagamos máis de  44 Millóns  de euros ao ano.

A deputada rematou a súa intervención afirmando que as emendas do BNG representan unha alternativa posible “a favor das maiorías sociais, da redistribución da riqueza e dos servizos públicos”. Un proxecto para  construír a Galiza que vén: más xusta e con futuro. O BNG dixo, propón “un xiro de 180 graos na política económica”, recatar a sanidade, garantir o dereito a vivenda e a unha vellez digna, axudas para o marisqueo e medio rural, impulsar a transferencia enerxética, investir en medidas contra a violencia machista, un fondo de recate para as empresas en crise e poñer a Galiza a servizo das persoas e non das grandes eléctricas. As  nosas 600 emendas camiñan nesta senda e na dirección para construír a Galiza que vén, e para iso no BNG estamos preparadas e contamos coa mellor candidata para facelo posible. concluíu.

 

Máis en Novas
Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG