O BNG leva ao Pleno do Parlamento a acusación de Baltar e a situación dos comedores escolares

A viceportavoz do BNG, Ana Pontón cualificou de "cómplice" a Feijóo por apoiar a José Manuel Baltar acusado de “presunto acoso sexual” e amparar a “bochornosa situación” da Deputación de Ourense

Intervención da viceportavoz do BNG, Ana Pntón

Tras a Xunta de portavoces, a viceportavoz do BNG, Ana Pontón anunciou que o BNG preguntará ao Presidente da Xunta polo seu apoio a José Manuel Baltar acusado dun presunto delito de “acoso Sexual”. Nós, afirmou, a deputada, cremos que o sr. Baltar non debe seguir ao fronte desta institucións despois das graves acusacións e gravacións que certifican que “eses feitos se produciron” e resulta “lamentable” que o Presidente da Xunta ampare estas condutas que poden ser penadas e que eticamente “inhabilitan a esa persoa a continuar ao fronte da Deputación de Ourense”. José Manuel Baltar, recalcou a nacionalista, “tiña que ter dimitido hai días” e reprobou “a complicidade de Feijóo coa situación bochornosa que se está a vivir na Deputación de Ourense”.

Sesión plenaria ordinaria, días 22 e 23 de novembro

A viceportavoz do BNG anunciou que o BNG solicitou a comparecencia do conselleiro de Educación ante a crise xerada nas concesionarias dos comedores escolares, situación, dixo, que afecta a moitos colexios como corroboran as denuncias polos graves problemas detectados nos caterings. A situación,explicou Pontón, creou unha grande alarma social entre a comunidade educativa e as persoas que estamos preocupad@s polos servizos públicos e por iso non entendemos como o conselleiro non comparece para dar explicacións do que está acontecendo. Neste sentido, o BNG incluíu unha interpelación sobre o servizos destas empresas privadas.

Ana Pontón

A viceportavoz destacou entre outros debates á iniciativa do BNG: A emenda de devolución da Lei do Solo de Galiza porque incide en “políticas fracasadas” e os motivos polos que o Partido popular está a facilitar a permanencia de Ence en Pontevedra.

Por outra parte, tamén se referiu á votación sobre o Mandato Marco da CRTVG que novamente volve ao Parlamento “sen consenso nin debate”. O PP non quere permitir que o Mandato Marco da CTTVG se poña ao servizo da sociedade galega porque a súa intención é “manter un control férreo dos medio públicos ao servizo do PP furtándolle o dereito aos cidadáns a ter medios públicos de calidade, en galego, plurais e que respondan á realidade do noso país”.

O marco regulador da violencia de xénero e a creación dunha Comisión para afrontar os acordos de Madrid no sector lácteo serán tamén debatidos á instancias do BNG na sesión plenaria na que tamén preguntará ao Goberno sobre os 28 despedimentos da empresa Dalfy de Vigo.

Ana Pontón

Orde sesión plenaria Orzamentos, día 21 de Novembro

Pontón avanzou que o BNG presentará unha emenda á totalidade de devolución dos Orzamentos por considerar que manteñen os “recortes en servizos públicos e carecen de estratexia para a recuperación económica e a creación de emprego”. Por outra banda, o BNG defenderá unha emenda transversal, (na xornada da tarde), para mobilizar 800 millóns de euros modificando os impostos coa intención de introducir unha “reforma impositiva máis xusta” incrementando en 200 millóns de euros a recadación a través dun cambio na tarifa autonómica do IRPF “cun incremento dos impostos ás rendas entre 65.000 e 125.000 euros coa subida dos tipos ao 24,5” así como crear un novo tramo no IRPF nas rendas superiores a 125.000 euros cun imposto do 25,5%.3

Ademais o BNG proporá dous novos impostos, un sobre grades superficies comerciais e outro sobre depósitos bancarios. No pleno, engadiu, pediremos que non se aplique a eliminación do imposto de sucesións e doazóns porque “son recursos necesarios para facer fronte as necesidades en política social”.

As modificacións propostas polo BNG nas diversas consellerías manteñen como prioridade a creación de emprego de calidade e a restitucións das carencias en Sanidade, Educación e Política social, concluíu.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG