O deputado do BNG, Luís Bará formulou hoxe unha pregunta á conselleira de Medio Ambiente, Anxéles Vázquez sobre o que cualifico de “pelotazo urbanísto no concello de Mos”. Para a deputado, a construción do complexo deportivo en Mos vai na dirección contraria á loita contra o cambio climático pola desfeita de “un millón de metros cadrados de produción forestal para beneficiar a entidades privadas” pero sobre todo, polo que se agocha detrás, “un macro centro comercial”. O parlamentario preguntou á titular de Medio Ambiente se consideraba que este proxecto é un “exemplo de sustantibilidade e conservación dos valores e usos do territorio”.
O nacionalista acusou a Vázquez de “desvío de poder” e utilización das administracións públicas para “favorecer intereses particulares” e asegurou que existen informes de diferentes administracións que confirman este “apabullante pelotazo urbanístico" mesmo elaborados pola consellería dirixida por Ánxéles Vázquez. Os informes, recalcou o nacioalista, aconsellan unha ubicación alternativa para o complexo.
Pola súa parte a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda respondeu que a Xunta cumpre a Lei ao que o nacionalista replicou que o PP empeñase en facer pasar “un dromedario polo ollo de unha agulla” e iso non é posible. A veciñanza de Tameiga “non lles vai permitir este atropelo” e a pesar de que a Xunta tente xustificar a tramitación legal xa existían máis de “vinte informes desfavorables” da Xunta, do concello de Pontevedra, da deputación e de Fomento polo seu impacto negativo na AC-55, contra o comercio local, o abastecemento de auga e a mobilidade de tráfico rodado, pero a pesar de todo isto vostedes seguirán para adiante porque o proxecto foi anunciado por Feixóo o pasado 15 de decembro do 2017. O deputado anunciou que o BNG utilizará todos os medios ao seu alcance para impedir que o “pelotazo urbanístico de Mos” sexa executado.
Por outra banda, o deputado recalcou que os montes veciñais só poden ser expropiados para proxectos de intereses sociais e de utilidade pública, e denunciou a “modificación do Plan Xeral co fin de xustificar un concurso público para adxudicar á promotora do proxecto”. Bará enfadado afirmou que a Xunta quere “tomarnos por parvos” cando en realidade está cantado que é o Celta de Vigo “o promotor de este escándalo”.
O nacionalista ironizou sobre a colocación da primeira pedra á que acudiu, dixo, “a plana maior do PP, encabezada polo vicepresidente Rueda” para un proxecto que posteriormente será adxudicado. Pero que clase de tomadura de pelo é esta, preguntou, novamente.